Pobo tártaro de Crimea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 21:
O khanato de Crimea foi un dos estados máis poderosos da [[Europa Oriental]] até o [[século XVIII]]. En tanto que [[Islam|musulmáns]], os tártaros de Crimea xogaron un papel indiscutíbel na extensión das fronteiras do islam, pero o khanato de Crimea tiña tamén alianzas coa [[Unión polaco-lituana|República das Dúas Nacións]], cos [[cosacos de Zaporozhia]] e co [[Gran Ducado de Moscova]], porque os tártaros gabábanse tamén de seren mercenarios ao servizo dos soberanos cristiáns: en [[1497]], por exemplo, axudaron ao [[voivodato|voivoda]] de [[Principado de Moldavia|Moldavia]], [[Estevo III de Moldavia|Estevo o Grande]], a repeler as tropas polacas que ían exixirlle a súa submisión á República das Dúas Nacións.
 
Os tártaros, porén, a miúdo lanzaron ataques aos [[principado]]s de [[Principado de Moldavia|Moldavia]] e de [[Valaquia]], á República das Dúas Nacións e a [[Moscovia]]. As campañas das forzas tártaras poden clasificarse en ''sefers'', operacións militares oficialmente declaradas e dirixidas polo mesmo khan, e ''çapuls'', incursións levadas a cabo por grupos de nobres, moitas veces ilegais porque adoito contraviñan tratados asinados polo khan cos Estados veciños. Por cada prisioneiro, o khan recibía unha prima ("savga") fixada dun 10 % ao 20 % do ''prezo'' do prisioneiro. Porque o khanato mantivo durante moito tempo, até o [[século XVIII]], un masivo [[escravitude|tráfico de escravos]] cara ao [[Imperio otomán]] e o [[Medio Oriente]]. Teodosia (Kaffa) foi un dos máis famosos e importantes mercados de escravos.<ref>[http://www.britannica.com/blackhistory/article-24157 Escravitude] {{en}} Consultada o 17 de marzo de 2014.</ref>
 
Noutro sentido, os tártaros (e os seus exploradores, carreteiros, xinetes e latoeiros [[xitanos]]) podían tamén ser vencidos e perder a súa identidade no seo dos Estados cristiáns. Cando a conversión dos tártaros ao [[islam]] aínda non era completa, cando os tártaros e os xitanos, orixinalmente [[xamán]]icos, perdían unha campaña contra os cristiáns, moitos gobernantes pasáronse ao cristianismo: os xitanos convertéronse en [[servo]]s (''robis'') <ref>'''Robis'' é frecuentemente traducido erroneamente por "escravos", aínda que o status dos "robis" era diferente ao da escravitude, porque o ''rob'' (do eslavo ''robota'', "o traballo") non podía pertencer a un particular, senón a un dominio señorial ou eclesiástico, e podía redimirse a si mesmo se tiña suficiente ouro, ou revenderse se tiña débedas. Ver Neagu Djuvara, ''Les pays roumains entre l'Orient et l'Occident'', P.U.F., Paris, 1989.</ref> dos [[boiardo]]s ou dos mosteiros polacos, moldavos ou rusos, pero os príncipes tártaros tamén eran capturados e retidos como prisioneiros para pedir rescate; e algúns, ao non poderen ser liberados, preferían converterse á [[Igrexa ortodoxa|ortodoxia]] e integrarse na aristocracia cristiá, como o khan Demir, que foi a orixe da familia principesca moldava [[Dimitrie Cantemir|Cantemir]].<ref>Stéphane Zweguintzow, "Les Roma de l'ex-URSS", en ''Échos de Russie et de l'Est'', Éd. B. de Saisset, 1994,</ref> Outros instalábanse en terra cristiá como campesiños pacíficos, pero foron capaces de manter a súa identidade, como os [[Podlaquia|tártaros de Podlaquia]].