Fidel Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 137:
Tras financiarse con diñeiro de particulares, en especial co que lle proporcionou [[Aureliano Sánchez Arango]], ex-ministro de Prío, Fidel partiu cara a Cuba o 25 novembro de 1956 a bordo dun pequeno buque, o ''[[Granma (iate)|Granma]]'' (''Avoa'', en inglés), con 81 camaradas do chamado [[Movemento do 26 de xullo]], entre eles o seu irmán [[Raúl Castro|Raúl]] e o arxentino [[Ernesto Che Guevara]], para intentar derrocar a Batista. O desembarco debía executarse de xeito sincronizado cun grupo de membros da organización, encabezado por [[Frank País]], que intentaría tomar [[Santiago de Cuba]]. O plan era chegar en cinco días, polo que o quinto día os homes de Frank País realizaron alzamentos en [[Santiago de Cuba|Santiago]] e [[Manzanillo, Cuba|Manzanillo]]. Porén, por culpa de diversos contratempos, o Granma tardou sete días en chegar e os guerrilleiros de País dispersáronse despois de dous días de ataques intermitentes.{{Harvnp|Bourne|1986|p=134-136}}
 
O Granma desembarcou nun [[mangleiral]] na praia Las Coloradas, preto de [[Los Cayuelos]] o 2 de decembro de 1956. Fuxindo cara ao interior, a súa tripulación dirixiuse á cordilleira da [[Sierra Maestra]] de [[Provincia de Oriente, Cuba|Oriente]], sendo reiteradamente atacada polas tropas de Batista.{{Harvnp|Bourne|1986|p=134-136}} Á chegada, Castro descubriu que só 19 rebeldes chegaron ao seu destino, o resto foran asasinados ou capturados.{{Harvnp|Coltman|2003|p=114-117}} Os supervivientes, entres os que estaban os irmáns Castro, o Che Guevara, [[Juan Almeida Bosque|Juan Almeida]] e [[Camilo Cienfuegos]], estableceron un campamento.{{Harvnp|Bourne|1986|p=137}} Comezaron a lanzar incursións sobre pequenos polos do exército para obter armas e en xaneiro de [[1957]] invadiron o posto avanzado en La Plata. Trataron medicamente aos soldados que feriron pero executaron a Chicho Osorio, o ''mayoral'' local (supervisor da compañía propietaria das terras), que era desprezado polos campesiños locais e que se xactaba de ter matado a un dos rebeldes.{{Harvnp|Coltman|2003|p=114-117}} A execución de Osorio axudou aos rebeldes a gañar a confianza dos veciños, aínda que non eran moi entusiastas e desconfiaban dos revolucionarios.{{Harvnp|Bourne|1986|p=139}} Segundo foi crecendo a confianza, algúns habitantes locais uníronse aos rebeldes, aínda que a maioría dos novos recrutas procedían de áreas urbanas. Os voluntarios aumentaron as forzas rebeldes a máis de 200 en xullo de 1957. Fidel dividiu o seu exército en tres columnas, comandadas por el, o seu irmán e Guevara.{{Harvnp|Coltman|2003|p=122}} Os membros do MR-26-7 que operaban en áreas urbanas continuaron con actividades de axitación e de envío de subministrossubministracións á serra. O 16 de febreiro de 1957 Fidel reuniuse con outros destacados membros do Movemento para discutir a táctica e aquí coñeceu a [[Celia Sánchez]], que se convertería nunha amiga íntima.{{Harvnp|Quirk|1993|p=130}}[[Ficheiro:Raulche2.jpg|esquerda|miniatura|270x270px|O irmán de Fidel, [[Raúl Castro|Raúl]] (esquerda) co [[Che Guevara]] (dereita)]]Por toda Cuba, grupos anti-Batista levaron a cabo ataques e [[Sabotaxe|sabotaxes]], mentres a policía respondía con detencións masivas, torturas e execucións extraxudiciais.{{Harvnp|Bourne|1986|p=142-143}} En marzo de 1957, o DRE lanzou un ataque fallido contra o palacio presidencial, durante o cal, [[Antonio Echeverría]] foi abatido.{{Harvnp|Bourne|1986|p=142-143}} O goberno de Batista recorreu a miúdo a métodos brutais para controlar as cidades de Cuba. Nas montañas da Sierra Maestra, Castro uniuse a [[Frank Sturgis]], que se ofreceu para adestrar ás tropas de Castro na loita de guerrillas. Castro aceptou a oferta, pero tamén tiña unha necesidade inmediata de armas e municións, polo que Sturgis converteuse nun subministrador de armas. Sturgis mercou lotes de armas e municións da International Armament Corporation Samuel Cummings, experto en armas da CIA, en Alexandria, Virxinia. Sturgis abriu un campo de adestramento nas montañas da Sierra Maestra, onde ensinou ao Che Guevara e a outros soldados rebeldes da guerra de guerrillas do 26 de xullo. [100] Frank País tamén foi asasinado, deixando a Fidel como líder indiscutible do MR-26-7. Aínda que Guevara e Raúl eran coñecidos polos seus puntos de vista [[Marxismo-leninismo|marxista-leninistas]], Castro escondeu o seu, esperando obter o apoio de revolucionarios menos radicais. En 1957 reuniuse cos principais membros do [[Partido Ortodoxo]], [[Raúl Chibás]] (irmán do falecido [[Eduardo Chibás]]) e [[Felipe Pazos]], e asinaron o [[Manifesto de Sierra Maestra]], no que esixían que se establecese un goberno civil provisional para implementar unha reforma agraria moderada, a industrialización e unha campaña de alfabetización antes de celebrar eleccións multipartidistas. Como a prensa cubana estaba censurada, Castro contactou con medios estranxeiros para difundir a súa mensaxe. A loita guerrilleira permanecera ocultada polo réxime, que incluso chegou a publicar a morte de Fidel, pero en febreiro de [[1957]], un famoso xornalista americano do ''[[New York Times]]'', [[Herbert Matthews]], chegou a entrevistarse cos rebeldes na montaña e publicou unha serie de artigos sobre esta loita. Da noite á mañá, os "barbudos" fixéronse célebres en boa parte do mundo e a ditadura comezou a perder o seu apoio internacional, en particular, nos Estados Unidos. Máis tarde foron entrevistados por outros medios, como a [[CBS]] ou [[Paris Match]].
 
Os [[Revolucionario|revolucionarios]] chegaron a ter nalgúns momentos máis de 800 combatentes cos que iniciaron a invasión a nivel nacional (fronte aos máis de 70.000 combatentes de Batista), aínda que a falta de [[Arma|armas]] era un condicionante fundamental. Castro, comandante da expedición, foi nomeando progresivamente como comandantes ao Che, Raúl Castro, Camilo Cienfuegos, Almeida e a algúns outros, ocupando el dende aquela a graduación de "comandante xefe" (que evolucionou a "[[comandante en xefe]]").<ref name=":0" />