Fauna de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Breobot (conversa | contribucións)
elimino parámetro redundante
Liña 8:
Os [[herbívoro]]s están representados por especies bastante espalladas como algúns cérvidos: [[cervo común]], [[gamo]], (introducidos como especies cinexéticas) e [[corzo]]. Poboacións de [[cabra montesa]] (reintroducida en [[1997]]), [[carneiro bravo]] (introducido como especie cinexética) e redutos de [[rebezo]]. Co paseniño abandono do rural galego, destaca o incremento das poboacións de [[xabaril]] e [[corzo]].<ref>[http://www.elcorreogallego.es/galicia/galicia-ambiental/ecg/furtivismo-s-a/idEdicion-2008-05-17/idNoticia-301473/ Furtivismo S.A.] Elcorreogallego.es 17/05/2008, Consultada o 08/07/09</ref> Segundo a ''Asociación del Corzo Español'', Galicia é a comunidade española coa maior densidade desta especie, destacando en particular a [[provincia de Lugo]] onde se cifrou unha poboación duns 22.000 corzos (2007).<ref>[http://www.corzo.info/foro/read.php?5,6879 LA FACULTAD DE VETERINARIA DE LUGO Y LA A.C.E. LLEVAN A CABO UN ESTUDIO SOBRE LAS ENFERMEDADES PARASITARIAS QUE AFECTAN AL CORZO EN GALICIA.] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20101104143535/http://www.corzo.info/foro/read.php?5,6879 |date=04 de novembro de 2010 }} Corzo.info 23/11/09, Consultada o 08/07/09</ref> No tocante ao xabaril, a súa poboación estimouse nuns 40.000 animais, cifra que sen a incidencia das batidas podería chegar ata os 100 mil, consituíndo unha auténtica praga no monte galego.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/03/01/0003_7561056.htm?idioma=galego O imparable abandono do campo apontoa o imperio do xabaril] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20150402135845/http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/03/01/0003_7561056.htm?idioma=galego |date=02/04/2015 }} Lavozdegalicia.es 01/03/09, Consultada o 08/07/09</ref>
 
Ten unha boa representación varias especies de insectívoros: [[ourizo cacho]], [[furaño común]] e de [[furaño de xardín|xardín]], [[neomys fodiens|murgaño patibranco]] e [[muraño de Cabrera|de Cabrera]], [[furafollas ibérico]], [[sorex coronatus|grande]] e [[sorex minutus|pequeno]], toupa, o [[galemys pirenaicus|aguaneiro]]; roedores: [[esquío]], [[mus spretus|rato mouro]], [[glis glis|rilón]], [[elyomis quercinus|leirón careto]]; lagomorfos (destacan endemismos como a ''[[lepus granatensis]]'' e a ''[[lepus castroviejoi]]''), quirópteros; rexistrouse a presenza de 19 das 40 especies de [[morcego]]s que viven en Europa o que fai de Galicia un paraíso para os quirópteros europeos,<ref>[http://www.soitu.es/soitu/2008/08/19/info/1219149349_118618.html Galicia cuenta con casi la mitad de la diversidad de murciélagos de Europa] Soitu.es 19/08/2008, Consultada o 07/07/09</ref> pinnípedos e cetáceos; Nas costas galegas atópanse 6 especies diferentes de pinnípedos,<ref name=Enclavesmariños>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=199552 Obxectivo: preservar os enclaves marítimos] Galicia-hoxe.com 17/08/2007, Consultada o 09/07/09</ref> no tocante aos [[cetáceo]]s, rexistrouse a presenza de ata 22 especies de cetáceos, das cales as máis comúns son o [[caldeirón]], o [[golfiño riscado]], o [[arroaz]] (cuns 500 exemplares), a [[toniña]] (con 300)<ref>{{Cita novas|título=La fauna gallega exhala su SOS|url=https://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2927/fauna-gallega-exhala-sos/122731.html|páxina-web=www.farodevigo.es|data-acceso=30 de abril de 2019|lingua=es|nome=M|apelidos=Mato|xornal= [[Faro deVigo]]|data=11 de marzo de 2007}}</ref> e o [[golfiño común]].<ref>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=153&idNoticia=414361 Oceana reclama unha reserva mariña en Muros para conservar os cetáceos] Galicia-hoxe.com 08/04/2009, Consultada o 07/07/09</ref>
 
=== Extincións e reintroducións ===