Treboada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5247512 de 159.147.136.240 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Orixe ==
Para que se forme este tipo de [[meteoro]]s cómpre que exista elevación de ar húmido nunha [[atmosfera terrestre|atmosfera]] inestábel. A atmosfera fica inestábel cando as condicións son tales que unha bollaburbulla de ar quente en ascensión pode continuar a subir porque continúa máis quente do que o ar ambiente. A elevación do ar quente é un mecanismo que tenta restabelecer a estabilidade; do mesmo modo, o ar máis frío tende a descender e a afundirse encanto se mantiver máis frío do que o ar na súa veciñanza. Se a elevación de ar for suficientemente forte, o ar arrefece (adiabaticamente) até temperaturas por debaixo do punto de [[orballo]] e condensa, liberando calor latente que promove a elevación do ar e "alimenta" a treboada. Fórmanse cumulonimbos illados con grande desenvolvemento vertical (podendo ir até 10 ou 18 mil metros de altitude) alimentado polas correntes ascendentes de ar.
 
As treboadas pódense formar no interior das masas de ar (a partir da elevación do ar por [[convección]] - común en terra nas tardes de [[verán]] -cando o quecemento da superficie atinxe o seu pico- e sobre o mar nas madrugadas de inverno, cando as augas están relativamente quentes); por efecto orográfico -(a barlovento das grandes montañas) ou estar asociadas a [[fronte (meteoroloxía)|frontes]], sendo máis intensas no caso das frontes frías.