Lombardía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
mSen resumo de edición
Liña 47:
[[Ficheiro:Brusimpiano Italy.jpg|miniatura|esquerda|160px|Brusimpiano, ás beiras do Lago Lugano]]
[[Ficheiro:PizBernina2.jpg|miniatura|esquerda|160px|Pico Piz Bernina (4.055 m)]]
A superficie da Lombardía divídese case a partes iguais entre a [[chaira]] (que representa preto do 47% do territorio) e as zonas montañosas (que representan o 40%). O restante 13% da rexión é zona de outeiros. Morfoloxicamente, a rexión divídese en catro partes: unha estritamente alpina, outra montañosa ou de outeiros, outra chá subdividida en alta e baixa e finalmente a área ao sur do [[río Po]]. A zona de montaña máis importante é a zona [[Alpes|alpina]] que inclúe os Alpes Lepontinos e Réticos, co pico ''Piz Bernina'' que acada os 4.055 msnm, os Alpes Bérgamo, os Ortles e os macizos Adamello, seguida por unha zona de estribacións dos Prealpina, que inclúen os picos de Grigna (2.410 m), Resegone (1.875 m) e Presolana (2.521 m). Os grandes lagos lombardos, todos de orixe glaciar, atópanse nesta zona. De oeste a leste, estasestes son o lago Maggiore, o Lago de Lugano (só unha pequena parte é italiana), o Lago de Como, Lago Iseo, Lago de Idro, entóne o [[lago de Garda]], o máis grande de Italia. Outras montañas de menor importancia atópase ao sur do Po, nos [[Apeninos]].
 
O clima é continental, aínda que con variacións dependendo da altitude ou a presenza das augas continentais. O carácter continental do clima é máis acentuado nas chairas, con altas oscilacións térmicas anuais (en Milán a temperatura media en xaneiro é de 1,5 °C e en xullo de 24 °C), sendo características as espesas néboas entre outubro e febreiro. Así pois en xeral os invernos son bastante fríos (as temperaturas poden chegar a mínimos de -11 °C) e os veráns calorosos (non é difícil atopar zonas que superen os 35 °C), húmidos e moderadamente chuviosos, por exemplo as zonas próximas aos lagos teñen un clima semellante ao [[clima mediterráneo|mediterráneo]], o cal permite o cultivo de oliveiras. As precipitacións son máis frecuentes nas zonas prealpinas (até 1.500 - 2.000 mm anuais) que nas chairas e as zonas dos [[Alpes]] (de 600 a 850 mm anuais).
Liña 55:
Ao longo da historia foron moitos os pobos que pasaron pola actual Lombardía, entre os que se poden destacar os [[etruscos]], os [[celtas]] ou [[galos]], que precederon aos [[Roma Antiga|romanos]], que chegaron á rexión no [[-300|século III a.C.]] Nos últimos anos do [[Imperio romano]], a relativa veciñanza co [[Danubio]] favoreceu numerosas incursión de pobos bárbaros no territorio lombardo e coa definitiva caída do occidente romano, alternáronse a posesión do territorio os [[ostrogodos]] e os [[bizantinos]].
 
Entre os anos [[559]] e o [[774]] os bizantinos foron substituídos polos [[longobardos]], un pobo procedente da [[Escandinavia]], que converteron a Lombardía no centro do seu [[Reino longobardo|reino]], sendo [[PaviaPavía]] a súa capital. No 774 o rei dos [[francos]], [[Carlomagno]], foi chamado a Italia polo [[Papa]], o cal estaba ameazado polos longobardos. Xunto co seu exército entrou en PaviaPavía, e Carlomagno fixo prisioneiro ao rei longobardo Desiderio, dando comezo ao dominio dos francos na Lombardía. Carlomagno dividiu as terras en feudos e os subordinou á administración ade nobres da súa confianza, chamados "vasalos" (en italiano "vasalli"), que gobernaron o territorio no seu nome, dando inicio á estrutura política que caracterizou o Alto Medievo.
 
Entre os [[século XII|séculos XII]] e [[século XIV|XIV]] diversas cidades lombardas estiveron baixo control de familias aristocráticas, as máis potentes foron os Gonzaga en [[Mantua]] e os Sforza en [[Milán]]. Os representantes destes nobres chamaron aos artistas máis famosos que embeleceron as súas pertenzas e as cidades. A Lombardía enriqueceuse así con marabillosas obras de arte como o castelo Sforzesco de Milán. Dende a fin do [[século XV]] a Lombardía volve converterse en terra de conquista: primeiro chegaron os [[Francia|franceses]], sendo cedida despois aos [[España|españois]] que se mantiveron bastante tempo. Durante esta dominación a rexión coñeceu, despois dun primeiro período de prosperidade, unha progresiva decadencia, agravada no [[século XVII]] pola epidemia da peste.
 
En [[1706]] foi herdada polos [[Imperio Austríaco|austríacos]], aínda que case un século despois foron expulsados por [[Napoleón Bonaparte]], que dominou a rexión durante vinte anos. Despois da caída de [[Napoleón]], en [[1815]] restabeleceuse o goberno austríaco, na forma de estado-títere chamado Reino de Lombardía-Venecia. Por mor do Movemento de Independencia Lombardo (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Movimento d'Independenza Lombarda'') a rexión converteuse nun dos centros intelectuais que conducen á unificación italiana, sendo a rexión foi o centro de feroces loitas durante trinta anos, que terminaron en [[1859]], cando a Lombardía é definitivamente liberada da ocupación estranxeira e anexada ao [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]]. A partir de finais do [[século XIX]], e cun grande auxe despois da [[Segunda Guerra Mundial]], Lombardía confirmou o seu status como a zona economicamente máis desenvolvida de Italia.
 
== Demografía ==
Liña 119:
== Economía ==
[[Ficheiro:Galleria Vittorio Emanuele II (Milan).jpg|miniatura|Galería Vittorio Emanuele II, coñecida zona comercial de [[Milán]].]]
Lombardía está considerada unha rexión altamente industrializada, provendoprovindo esta imaxe ven da revolución industrial, que se produce na Lombardía no [[século XIX]] e que se incrementa co grande auxe económico da posguerra. Así pois é a rexión máis rica de Italia e está entre as rexións con maior renda per cápita da [[Unión Europea]]. O [[PIB]] lombardo (con 254.447 millóns de euros) é superior ao de países como [[Arabia Saudita]], [[Noruega]], [[Suráfrica]], [[Arxentina]] ou [[Portugal]].
 
A economía lombarda caracterízase polo desenvolvemento dunha ampla variedade de sectores, dende os máis tradicionais como a agricultura ou a gandería á industria pesada e lixeira, pasando polo sector terciario, que experimentou un forte auxe nas últimas décadas. A industria florece en múltiples sectores, particularmente, nas áreas metal-mecánica, electrónica, siderúrxica, téxtil, química e petroquímica, farmacéutica, alimentaria, editorial, do calzado e mobiliaria. Destacar que Milán é a súa provincia representan máis do 40% da industria lombarda. No terciario é importante o peso do comercio e das finanzas, en Milán ten a súa sede a [[Bolsa de valores|Bolsa]] italiana, que está entre as principais prazas financeiras europeas, e a Feira de Milán (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Fiera di Milano''). O turismo, xa sexa urbano, artístico, ou de montaña e lagos, ten un peso cada vez maior.
 
== Administración e política ==
Liña 223:
 
* [[Arte rupestre de Val Camonica]]
 
Son un conxunto de preto de 300.000 petróglifos sobre roca arenisca de gran moi fino que constitúen a colección máis ampla de arte rupestre de toda Europa. Representan un testemuño extraordinario da civilización dos habitantes da Valcamonica dende o Paleolítico Superior até ao século XIX. A súa importancia débese ao feito de que representa o testemuño de 10.000 anos de historia, 8.000 dos cales precedentes ao xurdir de Roma. Forman parte da lista dende [[1979]].
 
* [[Sacri Monti do Piemonte e a Lombardía]]
Incluídos na lista do Patrimonio Mundial en [[2003]], son unha serie de capelas e de outrosdoutros elementos arquitectónicos realizados entre finais do [[século XV]] e finais do [[século XVII|XVII]], consagrados a varios aspectos da fe cristiá. Ademais do seu significado relixioso simbólico, son tamén dunha grande beleza grazas á hábil integración dos elementos arquitectónicos nas paisaxes naturais rodeadas de outeiros, fragas e lagos. Conteñen tamén obras de arte moi importantes baixo a forma de frescos e de estatuas.
 
* [[Mantua e Sabbioneta]]
No ano [[2008]] as cidades de Mantua e Sabbioneta (a uns 35 km da capital provincial) foron inscritainscritas como lugar Patrimonio da Humanidade por representar ámbolos dous aspectos diferentes do plan urbanístico do Renacemento. En concreto, Mantua mostra a renovación e a extensión dunha cidade preexistente, cun esquema irregular con partes regulares que mostran as diferentes etapas do seu crecemento, dende a época dos romanos, até o Renacemento, pasando pola Idade Media.
 
Ademais dos incluídos na lista da UNESCO outros moitos monumentos de sona mundial pódense atopar dentro desta rexión: