Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
 
A infanta outorgou testamento estando doente na súa vila de [[Tábara]] o [[11 de novembro]] de 1099, catro días antes de falecer. A súa irmá Urraca e os [[bispo]]s de [[Diocese de Tui|Tui]], [[Diocese de León|León]] e [[Diocese de Oviedo|Oviedo]] confirmaron o testamento. Entre as disposicións testamentarias, á súa irmá Urraca deixoulle a súa herdade de San Pelaio, Santo Isidoro e [[Covarrubias]]. Á súa sobriña-neta [[Sancha Raimúndez]], filla do [[conde de Galiza]] [[Raimundo de Borgoña]] e da súa esposa [[Urraca I]], legoulle Tábara, [[Wamba, Valladolid|Wamba]] e outras herdades. Tamén fixo doazóns a varios mosteiros e igrexas. Aínda que antigos xenealoxistas afirmaban que a infanta Elvira casara, uns decendo que foi co conde [[García Ordóñez]], e outros cun tal Sancho Fernández de quen tivera un fillo chamado Fernando Iohannes (Ibáñez), a infanta non menciona marido ou fillos ningúns no seu testamento. O rei Afonso VI, un par de meses despois da morte da súa irmá, confirmou o [[16 de xaneiro]] de [[1100]] á [[Catedral de Santiago de Compostela]] a doazón que fixera Elvira a dita igrexa do mosteiro de Piloño.{{harvnp|{{versaleta|Martin}}|2008|p=}}
 
En [[1141]], Sancha lembrou a súa tía-avoa cando doou o mosteiro de Wamba, con tódalas súas pertenzas, á [[Orde de San Xoán de Xerusalén]]:<ref>{{Cita publicación periódica |nome=Therese |apelidos={{versaleta|Martin}} |data=xuño de 2008 |título=Hacia una clarificación del infantazgo en tiempos de la reina Urraca y su hija la infanta Sancha (ca. 1107-1159) |revista=e-Spania |número=5 |localización=[[París]] |editorial=Université Paris-IV Sorbonne |lingua=es |issn=1951-6169 |doi=10.4000/e-spania.12163 |url=http://journals.openedition.org/e-spania/12163}}</ref>
 
<blockquote>
{|
|
:''pro redemptione omnium peccatorum meorum, pro salvatione anime mee, pro anima patris et matris mee et pro etiam anime domine Gelbire, mee amite.''
|
:para a redención de tódolos meus pecados, para a salvación da miña alma, para a salvación das almas de meu pai e de miña nai, e tamén para a da alma de dona Elvira, a miña tía.
|}
</blockquote>
 
== Sepultura ==
3.187

edicións