Joan Peiró: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Banjo (conversa | contribucións)
m arranxos de formato
Liña 3:
Con oito anos comezou a traballar nunha fábrica de vidro barcelonesa, non podendo aprender a ler e escribir ata os vintedous. Seguiu traballando no sector do vidro, e xunto a outros compañeiros fundou a Cooperativa do Vidro de [[Mataró]], que nunca abandonaría. En 1907 casou con Mercè Olives, obreira textil, coa que tivo tres fillos (Joan, [[Josep Peiró|Josep]] e Liberto) e catro fillas (Aurora, Aurèlia, Guillermina e Mercè).
 
===Militancia sindical===
A súa militancia sindical iniciouse en 1906, comezando a ter cargos de responsabilidade entre 1915 e 1920, como secretario xeral da Federación Española de Vidrieiros e Cristaleiros (1916-1920) e director das publicacións ''La Colmena Obrera'' (órgano dos sindicatos de [[Badalona (Barcelona)|Badalona]]) e ''El Vidrio'' (portavoz dos vidrieiros federados). A súa agudeza intelectual levaríao máis adiante a ser director do periódico ''[[Solidaridad Obrera (periódico)|Solidaridad Obrera]]'' (1930) e do diario ''Catalunya'' (1937).
 
Liña 10:
No Congreso de La Comedia (1919) defendeu as federacións de Industria, que foron rexeitadas naquela ocasión.
 
===Os duros anos vinte===
Durante a década dos anos vinte sufriu a represión desencadeada polo Estado e a patronal contra o movemento obreiro. Tan só en 1920 sufriu dous atentados e foi detido e encarcerado en [[Soria]] e [[Vitoria]].
 
Liña 19:
Criticou á [[UXT]] pola súa defensa de xurados mixtos durante aquela dictadura, e tamén a Pestaña, malia que coincidisen noutros aspectos. Tamén criticou ó sector máis anarquista do sindicato, e malia afiliarse á FAI, nunca militou nela, defendendo pola contra unha organización de masas e máis sindicalista, fronte ós grupos de acción e ás minorías de militantes dirixentes.
 
===República e Guerra Civil===
En 1930 asinou o manifesto de «Intelixencia Republicana», polo que recibiu numerosas críticas internas que o levaron a retirar a sinatura. Seguiu defendendo as federacións de Industria, ata que no congreso da CNT de 1931 en Madrid conseguiu un apoio masivo fronte ás teses faístas. Nese mesmo congreso apoiou a ponencia sobre a «Posición da CNT fronte ás Cortes Constituíntes» na que se defendía que a proclamación da República podería supor un avance para a clase traballadora. Esta ponencia foi aprobada con algunhas modificacións pese á oposición dos sectores faístas que veían nela un apoio á maquinaria política burguesa.
 
Liña 32:
En 1938 entrou novamente no goberno, agora presidido por Negrín, aínda que non co rango de ministro, senón de comisario xeral de Enerxía Eléctrica, mantendo unha actitude antiderrotista e propoñendo unha certa revisión do anarcosindicalismo á luz do desarrollo da revolución e a guerra.
 
===Exilio, captura e morte===
O 5 de febreiro de 1939 atravesou a fronteira francesa, sendo brevemente detido en [[Perpiñán]], desde onde se dirixiu a [[Narbona]] para reunirse coa súa familia. Máis tarde marchou a [[París]] para representar á CNT na [[Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles]] (JARE), consistindo a súa misión en sacar ós refuxiados cenetistas dos campos de concentración franceses e facilitarlles o seu traslado a [[México]].
 
Liña 43:
En maio de 1942 o fiscal formulou as acusacións, en xuño foille nomeado o defensor militar de oficio, e o 21 de xullo foi pronunciada a sentencia de morte. Tres días máis tarde sería fusilado xunto a outros seis cenetistas no campo de tiro de Paterna.
 
===Obras===
*''Trayectoria de la Confederación Nacional del Trabajo''.
*''Ideas sobre Sindicalismo y Anarquismo''.
Liña 50:
*''Problemas del sindicalismo y del Anarquismo''.
 
=== Obras sobre Juan Peiró ===
* ''Juan Peiró. Teórico y militante del anarcosindicalimo español'' (Foil. Barcelona, 1978) Josep Peiró.
* ''La vida ejemplar y la muerte heroica de Juan Peiró Belis'' (2000, inédita). Josep Peiró.
* ''Inicis d´un sindicalista llibertari: Joan Peiro a Badalona (1905-1920)'' (Edicions Fet a Ma, 2005) Joan Zambrana e Jordi Albadalejo.
 
==LigazónsVéxase externastamén==
===Ligazóns externas===
*[http://hispanianova.rediris.es/general/articulo/014/art014.htm Artigo sobre o seu consello de guerra na revista Hispania Nova] (en castelán)
*[http://www.cgt.es/descargas/SalaLectura/peiro-sindicalismo-anarquismo.pdf ''Problemas del Sindicalismo y el Anarquismo'']
Liña 63 ⟶ 64:
[[Category:Anarquistas|Peiró, Juan]]
[[Category:Personalidades da política|Peiró, Juan]]
 
[[ca:Joan Peiró i Belis]]
[[es:Joan Peiró]]