Diferenzas entre revisións de «Club Balonmán Cangas»

Para afrontar a súa primeira tempada na máxima categoría do balonmán español o Cangas fichou o [[Rusia|ruso]] Igor Kustov, o [[Alxeria|alxeriano]] Salin Nedjel, a José Carlos Camacho, Fran González e Marcos Fernández. Ao concluir a liga o equipo do Morrazo finalizou na 13ª posición da táboa cun rexistro de 9 vitorias, 5 empates e 16 derrotas para un total de 23 puntos, véndose obrigado a xogar un ''play-off'' fronte o [[BM Ciudad Real]], e logo a permanencia fronte o [[Ivesur Málaga]].{{Harvnp|Cangas|2011|p=82}}<ref>{{Cita web |url=http://www.hispaligas.net/Balonmano/95-96%20Liga%20Asobal.html |título=Liga Asobal 1995/96 |editorial=hispaligas.net |dataacceso=10 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref>
 
A segunda tempada do equipo na Liga ASOBAL estivo marcada pola mudanza na presidencia do club, no que Tito Gallego asumiu a presidencia logo da etapa de Nené Refojos. Do mesmo xeito, durante a tempada o banco cangués tamén cambiou de mans logo do cesamento de Modesto Augusto, que foi substituidosubstituído por Antonio Plaza. A pesar dos cambios no club, o equipo conseguiu mellorar a súa clasificación respecto do ano do seu debut, ascendendo ata a 10ª posición da táboa cun rexistro moi similar ao do ano anterior 9 vitorias, 6 empates e 15 derrotas para un total de 24 puntos, superando na clasificación a todo un histórico como o [[Club Balonmano Granollers]].{{Harvnp|Cangas|2011|p=83}}<ref>{{Cita web |url=http://www.hispaligas.net/Balonmano/95-96%20Liga%20Asobal.html |título=Liga Asobal 1996/97 |editorial=hispaligas.net |dataacceso=10 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref>
 
Ns dúas seguintes tempadas ([[Liga ASOBAL 1998/99|1997-98]] e [[Liga ASOBAL 1998/99|1998-99]]) o equipo viuse obrigado a xogar a liguiña pola permanencia. Na 1997-98, logo de finalizar a liga regular na 11ª posición, ficou segundo de catro equipos na liguiña, polo que tivo que disputar a permanencia a dobre partido fronte o [[Prasa Pozoblanco]], conseguindo o obxectivo acompañados por máis de 500 seareiros que se achegaron ata a cidade [[Andalucía|andaluza]].{{Harvnp|Cangas|2011|p=84}}<ref>{{Cita web |url=http://www.hispaligas.net/Balonmano/97-98%20Liga%20Asobal.html |título=Liga Asobal 1997/98 |editorial=hispaligas.net |dataacceso=10 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref> O ano seguinte chegou Goran Dzokic ao banco do Cangas, que finalizou a liga regular na 12ª posición, e quedando primeiro na liguiña de permanencia, o que fixo posible que o equipo non tivera que xogar ningunha outra eliminatoria para manter a categoría.{{Harvnp|Cangas|2011|p=87}}<ref>{{Cita web |url=http://www.hispaligas.net/Balonmano/98-99%20Liga%20Asobal.html |título=Liga Asobal 1998/99 |editorial=hispaligas.net |dataacceso=10 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref>
30.165

edicións