Diferenzas entre revisións de «Club Balonmán Cangas»

A tempada 1991-92 pasou a coñecerse como a "tempada dos paraugas". Esta tempada, na que o equipo sénior conseguiu finalizar na sétima posición en Primeira Nacional e o equipo xuvenil o terceiro posto no Campionato de Galicia, estivo marcada polas protestas da afección canguesa polas condicións da pista de xogo, feito que motivou mesmo a suspensión dun partido fronte o [[Academia Octavio|Pilotes Posada]] de Vigo tras disputar tan só oito minutos de partido nunha pista que foi descrita pola prensa como unha "pista de patinaxe".{{Harvnp|Cangas|2011|p=64-65}} A pesar destas dificultades, o equipo finalizou a tempada seguinte na terceira posición da Primeira Nacional, raiando o ascenso, e recibiu da [[Federación Galega de Balonmán]] o Premio ao Mellor Club Galego en 1993, galardón que recolleu Evaristo Gallego.{{Harvnp|Cangas|2011|p=66-67}}
 
A tempada 1993-94 comezou coa inauguración do Pavillón Municipal do Gatañal o 18 de setembro, pavillón onde xoga dende ese ano os seus partidos como local.<ref name=historia/>{{Harvnp|Cangas|2011|p=68}} Esa tempada finaliza a liga na segunda posición por detrás do [[Club Balonmano Ademar León|Ademar León]], o que lle permitiu disputar a fase de ascenso á máxima categoría do balonmán español, a [[Liga ASOBAL]], que se disputou en dous grupos, un en [[Pamplona]] e o otrooutro en [[Granada]]. O Cangas quedou encadrado no grupo de Pamplona, mais o equipo non puido conseguir o ascenso logo de perder fronte a Ademar León e Toledo no Pavillón Anaitasuna da capital [[Navarra|navarra]], ao que se achegaron máis de 200 persoas para animar ao equipo cangués.{{Harvnp|Cangas|2011|p=69-70}}
 
==== Primeiro ascenso á Liga ASOBAL ====
226.373

edicións