Parga-Ladra-Támoga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Coord|43.164800|-7.568900|display=title|formato=dms|type:forest}} {{Espazo natural | nome = Parga-Ladra-Támoga | imaxe = Ficheiro:Lagoa_de_Cospeito.JPG|260px|Lagoa de Cospeit..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de setembro de 2019 ás 08:51

Coordenadas: 43°09′53″N 7°34′08″O / 43.164800, -7.568900

Parga-Ladra-Támoga
Lagoa de Cospeito.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 4939.08 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Abadín, Baleira, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade, Vilalba, Xermade.
Ríos: Parga, Ladra, Narla, Azúmara, Támoga, Madalena, Trimaz.
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Parga - Ladra - Támoga é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a ríos como o Parga, Ladra, Narla, Azúmara, Támoga, Madalena e Trimaz, todos afluentes do río Miño na súa cabeceira, as súas ribeiras e lagoas como a de Cospeito. Esta área de conservación ocupa 4.939 ha. nas comarcas da Terra Chá e Lugo, nos concellos de Xermade, Vilalba, Abadín, Guitiriz, Cospeito, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol e Lugo[4].Isto é, abrangue aos ríos da depresión central lucense, que é a Terra Chá.[1][2][3][5][6]

Fauna e flora

Flora

O espazo de Parga - Ladra - Támoga é unha rede fluvial, coas súas ribeiras, con varias zonas húmidas e lagoas (como a de Cospeito), cos seus pastos e terreos agrícolas. A vexetación que a caracteriza é a asociada a estes hábitats.[6]

As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:<ref name="cmaot_plt">

Especie
Eryngium viviparum
Luronium natans
Narcissus asturiensis
Narcissus pseudonarcissus ssp. nobilis
Sphagnum pylaisii

Fauna

Sendo un leito fluvial e tendo unha lagoa, este espazo natural acolle unha alta diversidade de aves. En especial no período de invernal chega ás 1500 aves acuáticas. Entre as especies máis singulares están o sisón (Tetrax tetrax), que se reproduce alí, e o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum), que conta cunha pequena poboación local.

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:<ref name="cmaot_plt">

Grupo Especie
Invertebrados Coenagrion mercuriale
Invertebrados Elona quimperiana
Invertebrados Euphydryas aurinia
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Macromia splendens
Invertebrados Margaritifera margaritifera
Invertebrados Oxygastra curtisii
Peixes Chondrostoma polylepis
Peixes Rutilus arcasii
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación

Parga - Ladra - Támoga foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte tamén da Reserva da Biosfera "Terras do Miño":[5]

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. Ordenados de norte a sur.
  5. 5,0 5,1 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120003: Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019. 
  6. 6,0 6,1 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas