Club Balonmán Cangas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 74:
==== Primeiro ascenso á Liga ASOBAL ====
[[Ficheiro:Suso Soliño.JPG|miniatura|[[Suso Soliño]] en [[2013]]. O xogador cangués debutou co equipo en [[1994]] e mantíñase en activo no mesmo durante a tempada 2019-20.]]
Na tempada 1994-95, o equipo reforzouse coas fichaxes de Oleg Prekrostov (porteiro), Zico Petricevic, Rafa Dasilva, Abel González (que se convertiría no máximo goleador da tempada) e Adolfo Martínez. Logo de finalizar a liga regular na terceira posición por detrás de [[BM Barakaldo|Barakaldo]] e [[SDC San Antonio (balonmán)|San Antonio]], o equipo consigue clasificarse de novo para unha fase de ascenso á Liga ASOBAL, que debía disputar a dobre partido fronte a Ademar León. No primeiro partido, disputado en terras galegas, os do Morrazo impuxéronse por 26-22 aos leoneses, e no partido de volta aproveitaron a renda de catro goles, caendo por 20-17 en [[León, España|León]] nun pavillón no que se congregaron máis de 2&nbsp;000 persoas que se desprazaron en 18 autobuses e coches particulares dende Galicia. Deste xeito o Balonmán Cangas acadaba por primeira vez o ascenso á [[Liga ASOBAL]].{{Harvnp|Cangas|2011|p=71-74}} Ao seu regreso en Cangas, o equipo foi recibido por máis de 6&nbsp;000 persoas que se congregaron baixo a choiva para ver o saúdo do equipo dende o balcón da casa do concello.{{Harvnp|Cangas|2011|p=78-79}} Dende ese ano o equipo permaneceu 11 tempadas na máxima categoría,<ref name="historia"/>
 
Na que permanecería 11 tempadas, ataAta o seu descenso á División de Prata na tempada [[2005]]-[[2006|06]] no ano que se estreaba na liga europea [[EHF]]. Non volvería a ascender de categoría ata a tempada [[2008]]-[[2009|09]]. A nova etapa duraría só unha tempada, tras quedar na última posición e descender á segunda categoría.
 
Na campaña [[2011]]-[[2012|12]] conseguirían rematar terceiros na clasificación regular, o que lles deu acceso a xogar a eliminatoria polo ascenso. Un ascenso que acabarían acadando tras derrotar ao [[Agrupación Balonmano Gijón Jovellanos|Gijón Jovellanos]] e ao [[Club Balonmano Villa de Aranda|BM Villa de Aranda]].