Diferenzas entre revisións de «Club Balonmán Cangas»

sen resumo de edición
Na tempada 1988-89, logo de varios anos de adaptación á Segunda Nacional, o daquela CB Cangas Aralva proclamouse campión do grupo galego da categoría colleitando unha soa derrota ao longo de toda a tempada. O campionato outorgoulle o dereito a disputar a fase de sector que posibilitaba o ascenso á División Nacional B que se disputou en Cangas do 1 ao 4 de xuño de [[1989]]. Esta fase de ascenso converteuse en histórica para o club, xa que conseguiu o ascenso tras vencer a Avilesina e Cultural Frea de [[Valladolid]] e malia caer no último partido fronte o Cuatro Caños de [[Torrelavega]].{{Harvnp|Cangas|2011|p=62}}
 
Na tempada do seu debut en Primeira Nacional B, o Cangas conseguiu a permanencia logo de proclamarse campión do seu grupo na primeira fase da competición e finalizar na cuarta posición a segunda.{{Harvnp|Cangas|2011|p=62}} Na seguinte tempada, a 1990-91, Modesto Augusto toma o mando do banco. Logo de ter realizado unha boa tempada, na que o equipo finalizou na segunda posición por detrás do [[BM Lalín]], o Cangas conseguiu un novo ascenso, desta volta á Primeira División A. Foi precisamente na tempada 1990-91 cando chegou un novo xogador estranxeiro á disciplina canguesa, Rasic. Ademais o club asinou un acordo de patrocinio coa empresa Frigoríficos del Morrazo, que se converteu no patrocinador do equipo de xeito ininterrompido ata a tempada 2019-20, converténdose a empresa nun emblema do balonmán a nivel nacional.<ref>{{Cita web |url=http://www.balonmancangas.com/historia/trayectoria.php |título=Trayectoria |editorial=Club Balonmán Cangas |dataacceso=7 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref>{{Harvnp|Cangas|2011|p=63}}
En [[1993]] inaugurouse o pavillón Municipal do Gatañal, onde xogan dende ese ano os seus partidos como local.<ref name=historia/>
 
A tempada 1991-92 pasou a coñecerse como a "tempada dos paraugas". Esta tempada, na que o equipo sénior conseguiu finalizar na sétima posición en Primeira Nacional e o equipo xuvenil o terceiro posto no Campionato de Galicia, estivo marcada polas protestas da afección canguesa polas condicións da pista de xogo, feito que motivou mesmo a suspensión dun partido fronte o [[Academia Octavio|Pilotes Posada]] de Vigo tras disputar tan só oito minutos de partido nunha pista que foi descrita pola prensa como unha "pista de patinaxe".{{Harvnp|Cangas|2011|p=64-65}} A pesar destas dificultades, o equipo finalizou a tempada seguinte na terceira posición da Primeira Nacional, raiando o ascenso, e recibiu da [[Federación Galega de Balonmán]] o Premio ao Mellor Club Galego en 1993, galardón que recolleu Evaristo Gallego.{{Harvnp|Cangas|2011|p=66-67}}
 
A tempada 1993-94 comezou coa inauguración do Pavillón Municipal do Gatañal o 18 de setembro, pavillón onde xoga dende ese ano os seus partidos como local.<ref name=historia/>{{Harvnp|Cangas|2011|p=68}} Esa tempada finaliza a liga na segunda posición por detrás do [[Club Balonmano Ademar León|Ademar León]], o que lle permitiu disputar a fase de ascenso á máxima categoría do balonmán español, a [[Liga ASOBAL]], que se disputou en dous grupos, un en [[Pamplona]] e o otro en [[Granada]]. O Cangas quedou encadrado no grupo de Pamplona, mais o equipo non puido conseguir o ascenso logo de perder fronte a Ademar León e Toledo no Pavillón Anaitasuna da capital [[Navarra|navarra]], ao que se achegaron máis de 200 persoas para animar ao equipo cangués.{{Harvnp|Cangas|2011|p=69-70}}
 
==== Primeiro ascenso á Liga ASOBAL ====
[[Ficheiro:Suso Soliño.JPG|miniatura|[[Suso Soliño]] en [[2013]]. O xogador cangués debutou co equipo en [[1994]] e mantíñase en activo no mesmo durante a tempada 2019-20.]]
Na tempada 1994-95, o equipo reforzouse coas fichaxes de Oleg Prekrostov (porteiro), Zico Petricevic, Rafa Dasilva, Abel González (que se convertiría no máximo goleador da tempada) e Adolfo Martínez. Logo de finalizar a liga regular na terceira posición por detrás de [[BM Barakaldo|Barakaldo]] e [[SDC San Antonio (balonmán)|San Antonio]], o equipo consigue clasificarse de novo para unha fase de ascenso á Liga ASOBAL, que debía disputar a dobre partido fronte a Ademar León. No primeiro partido, disputado en terras galegas, os do Morrazo impuxéronse por 26-22 aos leoneses, e no partido de volta aproveitaron a renda de catro goles, caendo por 20-17 en [[León, España|León]] nun pavillón no que se congregaron máis de 2&nbsp;000 persoas que se desprazaron en 18 autobuses e coches particulares dende Galicia. Deste xeito o Balonmán Cangas acadaba por primeira vez o ascenso á [[Liga ASOBAL]].{{Harvnp|Cangas|2011|p=71-74}} Ao seu regreso en Cangas, o equipo foi recibido por máis de 6&nbsp;000 persoas que se congregaron baixo a choiva para ver o saúdo do equipo dende o balcón da casa do concello.{{Harvnp|Cangas|2011|p=78-79}}
Na tempada [[1994]]-[[1995|95]] acada por primeira vez o ascenso á [[Liga ASOBAL]], na que permanecería 11 tempadas, ata o seu descenso á División de Prata na tempada [[2005]]-[[2006|06]] no ano que se estreaba na liga europea [[EHF]]. Non volvería a ascender de categoría ata a tempada [[2008]]-[[2009|09]]. A nova etapa duraría só unha tempada, tras quedar na última posición e descender á segunda categoría.
 
Na tempada [[1994]]-[[1995|95]] acada por primeira vez o ascenso á [[Liga ASOBAL]], na que permanecería 11 tempadas, ata o seu descenso á División de Prata na tempada [[2005]]-[[2006|06]] no ano que se estreaba na liga europea [[EHF]]. Non volvería a ascender de categoría ata a tempada [[2008]]-[[2009|09]]. A nova etapa duraría só unha tempada, tras quedar na última posición e descender á segunda categoría.
 
Na campaña [[2011]]-[[2012|12]] conseguirían rematar terceiros na clasificación regular, o que lles deu acceso a xogar a eliminatoria polo ascenso. Un ascenso que acabarían acadando tras derrotar ao [[Agrupación Balonmano Gijón Jovellanos|Gijón Jovellanos]] e ao [[Club Balonmano Villa de Aranda|BM Villa de Aranda]].
30.166

edicións