Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 310:
Un ano posterior é o Real Decreto 111/86, de 10 de xaneiro, do Patrimonio Histórico Español, que vén desenvolver parcialmente a antedita Lei 13/85. Non introduce maior novidade, sen achegar ferramentas de financiamento nin divulgación efectivas encamiñadas á conservación do patrimonio.<ref>[http://www.coag.es/normativa/archivos/310/310.pdf Real Decreto 111/86], do 10 de xaneiro, do Patrimonio Histórico Español.</ref> O mesmo camiño segue a súa modificación do ano [[2002]].<ref>[http://www.coag.es/normativa/archivos/312/312.pdf Real Decreto 162/2002], do 8 de febreiro, polo que se modifica o artigo 68 do Real Decreto 111/86, do 10 de xaneiro, do Patrimonio Histórico Español.</ref> Os hórreos e cabazos de Asturias e Galicia con máis de cen anos de antigüidade están exentos do pagamento do [[Imposto sobre Bens Inmobles]] (artigo 62).
 
Haberá que agardar un longo tempo tras a aprobación do [[Estatuto de Autonomía]] para que a administración galega decida regular a xestión do patrimonio histórico e artístico do país. A Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, hoxe derogada, no seu artigo segundo concédelleconcedíalle á administración galega ''«a competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural de interese de Galicia»'' e prevéprevía de novo a creación dun Inventario Xeral de elementos de interese arqueolóxico, relixioso, arquitectónico e etnográfico, aínda sen comezar. Asemade definedefinía o patrimonio etnográfico como ''«os lugares e os bens mobles e inmobles así como as actividades e os coñecementos que constitúan formas relevantes ou expresión da cultura e modos de vida tradicionais e propios do pobo galego nos seus aspectos materiais e inmateriais»''. Esta amplitude definitoria engloba, de novo, a meirande parte do marco físico rural, sen achegar maior protección ao patrimonio cultural.
 
Pola Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, tódolos construídos con anterioridade a [[1901]] son [[Ben de Interese Cultural|bens de interese cultural]].<ref>{{Cita centrada|''Artigo 92. Hórreos, cruceiros e petos de ánimas''
 
''1. Son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título&nbsp;I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.''
 
[…]
 
''2. Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada no número 1 poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico''. — [https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia]}}</ref>
 
=== Inventario ===