Bugallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Denominacións: Ampliar a referencia
Liña 58:
A tradicional abundancia dos carballos en [[Galicia]], xunto ó feito da presenza común dos bugallos nas súas pólas, explica a rica abundancia de denominacións que se ten usado: ''abogalla'', ''agalla'', ''bailareta'', ''bailarete'', ''bailarique'', ''bogalla'', ''bogallo'', ''boxa'', ''bullaca'', ''boullaca'', ''bugalla'', ''bullaca'' (nalgúns dicionarios, escrito ''vullaca''), ''caixarola'', ''carballa'', ''carraboca'', ''carraboco'', ''carrabouxa'', ''carrabouxo'', ''carragoucha'', ''carragoucho'', ''coca'', ''coco'', ''croca'', ''croco'', ''cóucara'', ''mazacuca'', ''mazá cuca'', ''mazá de cuco'', ''mazán de cuco'', ''uvas de cuco'' ou ''uva de carballo''.
 
No resto da [[Península_Ibérica|Península Ibérica]] son tamén ben coñecidos; reciben en [[Portugal]] os nomes de ''bugalhos'' e ''galhas'', en [[castelán]] o nome común de ''agallas'', ''bogallas'', ''gállaras'' ou ''gallarones'', en [[euskera]] ''kuku-sagar'' ou ''lexiak'' e en [[catalán]] ''macarulla (camarulla)'', ''ballaruga (ballaruc, ballarusca, baralluc, baralluga)'', ''camarota (macarota)'', ''cassanella'', ''cascarra'',''cascar(r)ot''.
 
O uso das formas masculinas ou femininas pode estar xustificado no diferente tamaño que presentan segundo a especie de avespa que o produce, pero as descricións non sempre coinciden segundo a zona na que se recolla a información.