Diferenzas entre revisións de «Club Balonmán Cangas»

En [[1974]], e co equipo aínda competindo en Primeira Provincial, os equipos masculino e feminino do Luceros pasaron a formar parte da estrutura do [[Alondras Club de Fútbol]], disputando aínda os seus partidos no "Aterrado" ata que en xullo de [[1977]] se inaugurou cun partido fronte ao [[Sociedad Deportiva Teucro|Teucro]] de [[Pontevedra]], o primeiro pavillón acondicionado axeitadamente para a práctica do balonmán, o Polideportivo de Romarigo, no que comezou a xogar ese mesmo ano logo de 16 anos xogando ao aire libre.{{Harvnp|Cangas|2011|p=47}}{{Harvnp|Cangas|2011|p=35}}{{Harvnp|Cangas|2011|p=38}}<ref name=historia/>
 
Na segunda tempada do equipo no novo pavillón proclamouse campión da Primeira Provincial, disputando xunto co [[Sociedad Atlética Redondela|SAR]] de [[Redondela]] a fase de ascenso a Primeira Nacional con equipos de fóra de [[Galicia]], finalizando na segunda posición ás portas do ascenso á categoría nacional.{{Harvnp|Cangas|2011|p=41}} Tan só dous anos despois, na tempada 1980-81, o equipo capitaneado por Juán Abalo repetiu o campeonatocampionato provincial e disputou unha vez máis a liga de ascenso, que tivo lugar en Cangas entre o 30 de abril e o 3 de mato de [[1981]]. Os cangueses proclamáronse campións da fase de ascenso logo de derrotar na final ao Corrales de Buelna [[Cantabria|cántabro]], e conseguiron ascender á Segunda División Nacional.{{Harvnp|Cangas|2011|p=42-43}}
 
Logo de dous anos en Segunda Nacional, na tempada 1982-83 o Alondras alzouse co campionato que dá dereito a disputar a fase de ascenso a Primeira División Nacional. Na fase, celebrada en [[Santander]], o equipo finalizou na cuarta posición, vendo frustrado o intento de ascender de categoría.{{Harvnp|Cangas|2011|p=45}} A seguinte foi a última tempada en que o equipo competiu baixo a denominación de Alondras CF.{{Harvnp|Cangas|2011|p=46}}
30.183

edicións