El Emigrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Liña 5:
Subtitulado ''Órgano de las sociedades de emigrados y agricultores del municipio de A Estrada y patrocinado por la Sociedad Hijos de La Estrada, de Cuba'', apareceu o [[15 de setembro]] de [[1920]]. En [[1930]] cambiou a súa cabeceira pola de ''Periódico galeguista''. Foi dirixido inicialmente por [[Xosé Otero Abelleira]], e despois por [[José Fernández da Ponte]] (1932-1933), [[José María Sánchez Brea]] (1933-1935) e [[Manuel Durán Durán]], que tivo que abandonar a redacción en [[1936]] polo inicio da Guerra Civil. A partir dese momento, a orientación ideolóxica dos seus contidos variou, facéndose cargo da dirección novamente Xosé Otero Abelleira.<ref>"16 años de vida", ''El Emigrado'', 30-9-1936, p. 1.</ref>
 
Nos seus comezos foi unha publicación de tendencia anticaciquil, que incluíu artigos de apoio á autonomía de Galicia, ao Estatuto e á Irmandade Nazonalista Galega. Contaba tamén cunha sección literaria na que se recolleu poesía e recensións de libros. Entre os seus colaboradores figuraron [[Manuel García Barros]], que comezou a publicar nel os seus ''Contiños da Terra'', [[Rafael Varela Pazo]], [[Manuel González Rodríguez]], [[José Cortés Fernández]] e [[Ramón Puente Barcala]].
 
''El Emigrado'' cesou a súa edición o [[16 de decembro]] de [[1940]].