Diferenzas entre revisións de «55 Cancri»

m
m (→‎Ligazóns externas: {Ligazón morta|data=agosto de 2018 }} resolta)
Despois de facer máis medicións da velocidade radial, foi anunciado no 2002 o descubrimento dun planeta que orbita a unha distancia de aproximadamente 5 UA.<ref name="marcy2002"/> Este planeta recibiu a designación [[55 Cancri d]]. No momento do seu descubrimento, pensábase que o planeta tiña unha órbita de levemente [[excentricidade orbital|excéntrica]] (preto de 0,1), pero ese valor foi aumentado en base a medicións posteriores. Mesmo despois do descubrimento destes dous planetas, mantíñase unha periodicidade de 43 días, posiblemente debido a un terceiro planeta. Medidas da estrela suxeriron que este estaba preto do período de rotación da estrela, o que levantou a posibilidade de que o sinal de 43 días fose causado pola actividade estelar. Esta posible planeta recibiu a designación [[55 Cancri c]].
 
[[Ficheiro:55cnc55Cnc system.jpg|miniatura|left|250px|Concepción artística dos planetas de 55 Cnc.]]
O descubrimento de [[55 Cancri e]] foi anunciado no 2004.<ref name="McArthur2004"/> Con 8,3 masas terrestres, é un gran planeta do tipo [[super-Terra]], orixinalmente pensábase que tiña un período orbital de 2,8 días, aínda que máis tarde observaríase que este dato era unha ''tapadeira'' do seu verdadeiro período de 0,78 días, obtido mediante observacións do [[tránsito planetario|tránsito]] de 'e' no 2011.<ref name="Winn2011"/> Este planeta foi o primeiro exemplo dun cuarto planeta extra-solar nun mesmo sistema, e era o planeta co período máis curto ata o descubrimento de [[PSR J1719-1438|PSR J1719-1438 b]]. As medicións que levaron ó descubrimento deste planeta tamén confirmaron a existencia de 55 Cancri c.
 
2

edicións