Andrés Tomás Bouza de Figueroa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Engadidos biográficos e categoría
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 5:
Fillo dun facendado de [[Concello de Cotobade|Cotobade]], chamado Domingo Antonio da Bouza, e dunha [[Rianxo|rianxeira]], chamada Silvestra Martínez, foi a estudar Leis en Santiago. Durante o tempo de universitario, casou o [[11 de maio]] de [[1844]] coa viúva [[Bilbao|bilbaína]] Ventura Garay Laja, que era oito anos maior ca el.
 
Xuíz de Paz de Santiago ([[circa|ca]] [[1863]]), Promotor Fiscal de Santiago ([[1869]]) e de [[Ferrol]] ([[1870]]), e avogado colexiado de Santiago. A súa carreira política deu comezo a mediados do [[século XIX]], incorporándose ás corporacións de [[Pío Rodríguez Terrazo]]<ref>''Esposición [sic] elevada á S.M. por el Ayuntamiento Constitucional de Santiago en 29 de junio de 1856...''.</ref> e [[José Sánchez Villamarín]]<ref>''[[La Gacetilla de Santiago]]'', de 21-4-1873 e 20-5-1873.</ref>, onde alcanzou unha das tenencias de alcalde. Foi alcalde de Santiago de Compostela entre 1874 e 1875, comenzando o seu mandato de modo interino por nomeamento "da autoridade militar da cidade"<ref>Segundo unha folla informativa de principios de 1874, cando se estaba afogando a rebelión cantonal de Cartaxena, polo que con probabilidade a data de inicio da súa alcaldía sexa o 11 de xaneiro ("Ayer tarde tomaron posesión del cargo de Concejales...", impreso por José Souto Díaz; ''[[Biblioteca de Galicia]]'', sg.530).</ref>, tras o [[golpe militar]] do Xeneral [[Manuel Pavía]]. Opúxose á Lei de Redención Foral do [[20 de agosto]] de [[1873]], pedindo ao [[Ministerio de Xustiza de España|ministro de Graza e Xustiza]] a súa suspensión<ref>''[[El Ejemplo]]'', 3-2-1874, p.2.</ref>, cousa que sucedeu a finais do mes de febreiro de [[1874]].
 
Participou activamente na vida social compostelá, sendo socio do [[Recreo Artístico e Industrial de Santiago de Compostela]] e da [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]]. Ademais, foi Patrono de Sangue da [[Manuel Ventura Figueroa|Fundación Manuel Ventura Figueroa]]<ref>[[El Diario de Santiago]], de 13-4-1877, p.2.</ref> e secretario do Colexio de Avogados de Santiago<ref>''[[Gaceta de Galicia]]'', de 18-5-1880.</ref>. Desde os seus postos de responsabilidade, promoveu a celebración de corridas de touros na cidade, especialmente nas [[Festas do Apóstolo Santiago|Festas do Apóstolo]] do [[Ano Santo Xacobeo|Ano Santo]] de [[1875]]<ref>''El Diario de Santiago'', de 14-12-1874 e 2-3-1875.</ref>. Tamén pertenceu á Comisión organizadora dos [[Xogos Florais de Santiago]], celebrados o [[23 de abril]] de [[1875]]<ref>''El Diario de Santiago'', de 23-3-1875.</ref>.