Macbeth: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Corrixín faltas de concordancia de xénero e mais a referencia da tradución de Nolla na Bitraga, que levaba a outra obra. Tamén quitei a parte na que se fala da tradución de Nolla da parte de abaixo, a de apatacións. Agora esta información xa non está repetida, queda arriba (coa mesma mención que había abaixo ás ilustracións de Xohán Ledo) xunto ás outras dúas traducións. Creo que é máis coherente.
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
A obra está libremente baseada no relato da vida dun personaxe histórico, [[Macbeth de Escocia|Macbeth]], rei de [[Escocia]] entre [[1040]] e [[1057]]. A fonte principal de Shakespeare para esta traxedia foron as ''Crónicas'' de [[Raphael Holinshed]], obra da que tomou tamén os argumentos das súas obras históricas. Holinshed baseouse á súa vez en ''Historia Gentis Scotorum'' (''Historia dos escoceses''), obra escrita en [[latín]] polo autor escocés [[Hector Boece]] e impresa por vez primeira en [[París]] en [[1527]]. Para agradar ao seu mecenas, o rei [[Xacobe V de Escocia]], Boece escurecera deliberadamente a figura de Macbeth, co propósito de exaltar un hipotético antepasado do rei, Bancuo.
 
Foi traducida ao [[lingua galega|galego]] por [[Fernando Pérez-Barreiro Nolla]] baixo o título ''A traxedia de Macbeth'', e publicada por [[Editorial Galaxia|Galaxia]] en [[1972]]<ref>{{Cita web|título=Bitraga. Biblioteca de tradución galega|url=http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=4678&tipotra=1|páxina-web=bibliotraducion.uvigo.es|data-acceso=2019-09-04|lingua=es-ES|apelidos=Xolda.com}}</ref>, con ilustracións de [[Xohán Ledo]]. Foi traducida de novo ao galego por [[Rosa María García Vilariño]] baixo o título ''Macbeth'', sendo publicada por Argos Vergara en [[1985]].<ref name="Bitraga2">{{bitraga trad|2279|título=Macbeth|tradutor=[[Rosa María García Vilariño]]|editorial=Argos Vergara|ano=1985|lugar=Barcelona|ISBN=84-7178-951-5|edición=1ª}}</ref> En 2006, Galaxia volveu publicar a obra, vertida ao galego por [[Miguel Pérez Romero]].
 
== Personaxes ==