Abrir o menú principal

Cambios

''Artigo principal '''[[Tempada 2009-2010 do C.P. Cerceda]]'''''
 
A tempada [[Tempada 2009-2010 da OK Liga|2009-10]] foi a primeira tempada do CP Cerceda na [[OK Liga]], a máxima categoría do hóckey a patíns do Estado español. O equipo construído para debutar na OK Liga estivo formado sobre a base do grupo que conseguira o ascenso o ano anterior, reforzándose cos xogadores do [[CP Voltregà]] [[Xavier Malián Crosas|Xavi Malián]] e [[Santi Teixidó]], [[Martín Barrós]] procedente do [[Patín Coruña]], e [[Pablo Cancela]] do [[Vigo Stick C.H.|Vigo Stick]].<ref>{{Cita novas |url=https://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:4MNDAQXu6_YJ:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2009/08/19/patin-cerceda-presenta-hoy-fichajes-liga-ok-hockey/0003_7916230.htm+&cd=4&hl=es&ct=clnk&gl=es&client=safari |título=El Patín Cerceda presenta hoy sus fichajes para la liga OK de hockey |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=19 de agosto de 2009 |dataacceso=19 de xullo de 2019 |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://arxiu.fcbarcelona.cat/web/castellano/noticies/hoquei/temporada09-10/10/n091021107807.html |título=El Cerceda, un Primera Nacional en la OK Liga |nome=Sònia |apelidos=de Alba |editorial=[[Fútbol Club Barcelona]] |dataacceso=19 de xullo de 2019 |data=22 de outubro de 2009 |lingua=es}}</ref> Os xogadores que integraron o equipo cercedense na súa primeira tempada na elite foron os porteiros [[Xavier Malián Crosas|Xavi Malián]] e [[Martín Barrós]], e os xogadores de pista [[Jaime Piñeyro]], [[Eduard Lamas Alsina|Eduard Lamas]], [[José Réamón López|José Ramón]], [[Tito Torres]], [[Pepe Barreiro]], [[Santi Teixidó]], [[Pablo Cancela]] e [[Antonio Pérez González|Toni Pérez]], contando cun número importante de xogadores nas categorías inferiores da selección no ano do seu debut, así como xogadores como Lamas ou Toni Pérez, que se proclamaran campións do mundo sub-20 en [[Bassano]] ([[Italia]]) en [[2009]].<ref name="debuta"/><ref>{{Cita web |url=http://www.mondialebassano2009.gare.it/ |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20151117025405/http://www.mondialebassano2009.gare.it/ |título=Portada |editorial=mondialebassano2009.gare.it/ |dataacceso=19 de xullo de 2019 |dataarquivo=3 de marzo de 2016 |lingua=it}}</ref>
 
O debut na OK Liga do Cerceda debía ter lugar no Pavillón Deportivo de Cerceda fronte ao [[CE Noia|C.E. Noia Freixenet]], mais o partido suspendeuse,{{refn|group=lower-alpha|Finalmente o partido ante o Noia Freixenet disputouse o 15 de outubro e finalizou coa derrota local por dous goles a seis.<ref name="geieg"/><ref>{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/unauthenticated/login.php?apw-origin=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2009/10/15/noia-hockey-hizo-valer-veterania-ante-patin-cerceda/0003_8038241.htm |título=El Noia de hockey hizo valer su veteranía ante el Patín Cerceda |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=15 de outubro de 2009 |dataacceso=19 de xullo de 2019 |lingua=es}}</ref>}}<ref>{{Cita noticia |url=http://fep.es/website/noticias.asp?any=2009&qui=noticia&idnoticia=4511&modalidad=14 |título=Empieza la mejor liga de hockey sobre patines del mundo |editorial=[[Real Federación Española de Patinaxe]] |data=25 de setembro de 2009 |dataacceso=15 de setembro de 2018 |lingua=es}}</ref> polo que o debut do Cerceda na OK Liga tivo adiouse ata o 11 de outubro fronte ao [[Grup Excursionista i Esportiu Gironí (hóckey a patíns)|GEiEG Sindorme Hoteles]] de [[Girona]] nun partido no que os galegos comezaron perdendo para finalmente conseguir a primeira vitoria da tempada (5-4), anotando o coruñés [[Pablo Cancela]] o primeiro gol do equipo como local.{{refn|group=lower-alpha|O partido da segunda xornada do Cerceda tamén se suspendeu pola disputad do Mundial sub-20, polo que o partido correspondente, no [[Pavelló Onze de Setembre]] de [[Lleida]] disputouse o 2 de novembro e finalizou cun empate a tres goles.<ref>{{Cita novas |url=https://www.laopinioncoruna.es/deportes/2009/11/03/cerceda-remonta-3-0-logra-valioso-punto-lleida/331940.html |título=El Cerceda remonta un 3-0 y logra un valioso punto en Lleida |xornal=[[La Opinión (A Coruña)|La Opinión]] |data=3 de novembro de 2009 |dataacceso=19 de xullo de 2019 |lingua=es}}</ref>}}<ref name="geieg">{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2009/10/11/patin-cerceda-debuta-ok-liga-hockey-sobre-patines-enfrentandose-geieg-gerona/0003_8029090.htm |título=El Patín Cerceda debuta en la OK Liga de hockey sobre patines enfrentándose al Geieg de Gerona |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=11 de outubro de 2009 |dataacceso=19 de xullo de 2019 |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita novas |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2009/10/13/debut-triunfo-espectacular-ante-geieg/0003_8033105.htm |título=Debut con triunfo espectacular ante el GEiEG |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=13 de outubro de 2009 |dataacceso=19 de xullo de 2019 |lingua=es}}</ref>
 
O mal inicio da liga, que levou ao equipo galego a finalizar a primeira volta da liga na penúltima posición da táboa con 9 puntos (dúas vitorias, tres empates e 10 derrotas),<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2010/01/13/pagina-39/5246731/pdf.html |título=Liceo, campeón de invierno con "milagro" |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=13 de xaneiro de 2010 |dataacceso=19 de xullo de 2019 |lingua=es}}</ref> impediulles aos cercedenses manteren a categoría, a pesar de seren un dos mellores equipos da segunda volta e ata chegaren á derradeira xornada con opcións de manteren a categoría. O equipo dirixido por Juan Copa xogou a derradeira xornada de liga fronte ao [[Blanes Hoquei Club|Sather Blanes]] con opcións á permanencia conseguindo o empate e que o [[PAS Alcoi]] perdera e o [[Lleida Llista Blava]] non gañara.<ref>{{Cita noticia |url=http://fep.es/website/noticias.asp?any=2010&qui=noticia&idnoticia=5022&modalidad=14 |título=Última jornada de infarto en la OK Liga |editorial=[[Real Federación Española de Patinaxe]] |data=7 de xuño de 2010 |dataacceso=21 de novembro de 2018 |lingua=es}}</ref><ref name="primeira"/> Malia gañar en [[Blanes]] por tres goles a catro, o Cerceda viuse condenado ao descenso de categoría polas vitorias do Alcoi e o [[Grup Excursionista i Esportiu Gironí (hóckey a patíns)|GEiEG]].<ref name="primeira">{{Cita noticia |url=http://fep.es/website/noticias.asp?any=2010&qui=noticia&idnoticia=5033&modalidad=14 |título=El Patín Cerceda y el Lleida Llista Blava bajan a la Primera División Nacional |editorial=[[Real Federación Española de Patinaxe]] |data=12 de xuño de 2010 |dataacceso=21 de novembro de 2018 |lingua=es}}</ref>