Club Patín Cerceda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 41:
== Historia ==
=== O Liceo B e o nacemento do CP Cerceda ===
O 8 de outubro de 2008, o [[Hockey Club Liceo da Coruña|Hockey Club Liceo]] da [[Coruña]] asinou un acordo de colaboración co Concello de [[Cerceda]] polo cal o concello cercedense patrocinaría ao segundo equipo do club coruñés en Primeira Nacional e este comprometeríase a disputar os seus partidos oficiais e realizar as sesións de adestramento nas instalacións municipais cercedenses. O convenio foi asinado polo daquela alcalde de Cerceda [[José García Liñares]] e o presidente do Liceo no momento, [[Eduardo Lamas]].<ref>{{Cita noticia |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2008/10/07/concello-cerceda-firma-convenio-equipo-liceo/0003_7203109.htm |título=El Concello de Cerceda firma un convenio con el equipo Liceo |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=7 de outubro de 2018 |dataacceso=7 de setembro de 2018 |lingua=es}}</ref> Deste xeito o segundo equipo do club coruñés pasou a xogar todos os seus partidos como local en Cerceda e adoptou a denominación '''Liceo Cerceda'''.<ref name="nosos">{{Cita web |url=https://www.cerceda.org/vecindad/deporte/5533-nuestros-equipos?lang=es |título=Nuestros equipos. Club Patín Cerceda |editorial=[[Concello de Cerceda]] |dataacceso=19 de xullo de 2019 |lingua=es}}</ref>
 
Na tempada 2008-09 o Liceo Cerceda, dirixido polo coruñés [[Juan Copa]], conseguía o ascenso á máxima categoría do hóckey a patíns español logo de gañar o título da [[Primeira División estatal de hóckey a patíns|Primeira Nacional]] a falta de dúas xornadas para a súa conclusión, se ben o daquela filial liceísta xa tiña asegurado o ascenso á [[OK Liga]], logo de derrotar 1-2 ao [[FM Oviedo Roller]] e aproveitar a derrota do [[Grup Excursionista i Esportiu Gironí (hóckey a patíns)|GEiEG Sindorme Hoteles]] fronte ao [[Patín Coruña|Cifa Patín Coruña]] (4-0). A pesar da boa tempada, na que o equipo se colocou na primeira posición dende a terceira xornada e xa non a abandonou, o adestrador do Liceo Cerceda laiábase de non ter podido facerse coa [[Copa do Príncipe de hóckey a patíns|Copa do Príncipe]], á que segundo o técnico coruñés, "non chegamos no noso mellor momento".<ref>{{Cita noticia |url=http://fep.es/website/noticias.asp?any=2009&qui=noticia&idnoticia=4158&modalidad=14 |título=El Vilafranca sigue marcando el ritmo del ascenso |editorial=[[Real Federación Española de Patinaxe]] |data=18 de maio de 2009 |dataacceso=14 de setembro de 2018 |lingua=es}}</ref>
 
O club foi creado o [[13 de xuño]] de [[2009]]<ref name="debuta">{{Cita noticia |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2009/09/05/clube-patin-cerceda-debuta-liceo-ante-publico/0003_7950505.htm |título=El Clube Patín Cerceda debuta con el Liceo ante su público |xornal=[[La Voz de Galicia]] |nome=José M. |apelidos=Ferreiro |data=5 de setembro de 2009 |dataacceso=30 de abril de 2019 |lingua=es}}</ref> logo de que o segundo equipo do H.C. Liceo acadase o ascenso á [[O.K. Liga]] ao finalizar a tempada 2008-09. Debido a que non poden competir dous equipos dun mesmo club na mesma categoría, fundouse o '''Clube Patín Cerceda''', ao cal o Liceo lle cedeu a súa praza na máxima categoría do hóckey. Moitos dos xogadores do Liceo B asinaron co novo equipo, e outros xogadores novos virán reforzarreforzaron o equipo.
 
En setembro de 2009, o novo Patín Cerceda presentou a primeira edición do Torneo de Cerceda, un torneo triangular que contou coa presenza do [[HC Liceo]] (subcampión da OK Liga), a [[UD Oliveirense (hóckey a patíns)|UD Oliveirense]], e o propio Patín Cerceda.<ref>{{Cita noticia |url=http://fep.es/website/noticias.asp?any=2009&qui=noticia&idnoticia=4445&modalidad=14 |título=El Torneo de Cerceda se estrena a lo grande |editorial=[[Real Federación Española de Patinaxe]] |data=3 de setembro de 2009 |dataacceso=15 de setembro de 2018 |lingua=es}}</ref> Poucos días antes do inicio da OK Liga, o Patín Cerceda presentábase ante a súa afección fronte ao Liceo na primeira edición do torneo.<ref>{{Cita noticia |url=http://fep.es/website/noticias.asp?any=2009&qui=noticia&idnoticia=4501&modalidad=14 |título=Listos para el espectáculo |editorial=[[Real Federación Española de Patinaxe]] |data=22 de setembro de 2009 |dataacceso=15 de setembro de 2018 |lingua=es}}</ref>