Club Patín Cerceda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Cadro de xogadores da última tempada: San Juan de la Frontera é un nome antigo da cidade arxentina de San Juan.
Etiqueta: edición de código 2017
Elisardojm (conversa | contribucións)
orto
Liña 35:
O '''Club Patín Cerceda''',{{refn|group=lower-alpha|Se ben o nome correcto en [[Lingua galega|galego]] sería '''Club Patín Cerceda''', o logo do equipo e o seu sitio web oficial recollían a palabra '''Clube''' en lugar de '''Club''' nas súas primeiras tempadas.<ref name="pavillon"/>}} ou simplemente '''Patín Cerceda''', foi un equipo [[Galiza|galego]] de [[hóckey a patíns]] da localidade de [[Cerceda]] ([[Provincia da Coruña|A Coruña]]). O equipo foi creado en [[2009]] logo do ascenso á [[OK Liga]] do segundo equipo do [[H.C. Liceo]]. Logo de sete anos de existencia, o equipo disolveuse por motivos económicos militando na [[OK Liga]], a máxima categoría do hóckey a patíns [[España|español]].
 
Nas sete tempadas que o equipo estivo en competición conseguiu dúas participacións na segunda competición de clubs a nivel europeo, a [[Copa CERS]], na que debutou na tempada 2014-15, se ben en ningunha delas conseguiu superar a primeira eliminatoria. Tamén disputou dúas veces a [[Copa do Rei de hóckey a patíns|Copa do Rei]], ambas de xeito consecutivo en [[Copa do Rei 2014 de hóckey a patíns|2014]] e [[Copa do Rei 2015 de hóckey a patíns|2015]] sen superar os cuartos de final. Xogou catro tempadas na máxima categoría do hóckey a patíns español, a [[OK Liga]], tres delas de xeito consecutivo. Logo de descender á [[OK Liga Prata|segunda categoría]] no ano do seu debut como equipo independente, o Cerceda recuperou a categoría logo de proclamarse campión da Primeira División{{refn|group=lower-alpha|Primeira División foi o nome que recibiu a segunda categoría do hóckey a patíns español ata a tempada 2018-19, cando pasou a denominarse OK Liga Prata.<ref>{{Cita noticia |url=https://www.mundodeportivo.com/hockey-patines/20180610/444286328439/la-ok-liga-se-reducira-a-14-equipos-en-20192020.html |título=La OK Liga se reducirá a 14 equipos en 2019/2020 |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=10 de xuño de 2018 |dataacceso=14 de agosto de 2019 |lingua=es}}</ref>}} na tempada 2012-13, tempada na que ademasademais conseguiu o subcampionato da [[Copa da Princesa de hóckey a patíns|Copa do Príncipe]].{{refn|group=lower-alpha|A Copa do Príncipe denomínase actualmente Copa da Princesa.}}
 
Durante a curta historia do equipo a súa única presidenta for María Isabel Bermúdez, mentres que o único técnico que ocupou o banco cercedense foi o coruñés [[Juan Copa]]. O Patín Cerceda disputaba os seus partidos como local no [[Pavillón Deportivo de Cerceda]], un pavillón con capacidade para 600 persoas.