Diferenzas entre revisións de «Rexionalismo galego»

m
sen resumo de edición
m
O '''rexionalismo''' supón unha fase intermedia no proceso evolutivo do [[galeguismo]], xa que se sitúa a medio camiño entre o movemento galeguista anterior (o [[provincialismo]]) e o posterior (o [[nacionalismo galego|nacionalismo]]).
=Definición e denominación=
O '''rexionalismo''' supón unha fase intermedia no proceso evolutivo do [[galeguismo]], xa que se sitúa a medio camiño entre o movemento galeguista anterior (o [[provincialismo]]) e o posterior (o [[nacionalismo]]).
 
==Definición e denominación==
En [[1886]], [[Manuel Murguía]] publica a súa obra ''Los Precursores''. Segundo [[Luís Obelleiro]], este mesmo autor publicará un artigo en ''La Región Gallega'' no que definadefinía a [[Galiza]] como unha nación, a cal constituía unha das rexións que integraban o territorio do [[España|Estado español]]. De aí o nome de rexionalismo.
 
Esta corrente defendía unha visión idealizada e utópica, bucólica e idílica, coa finalidade de contestar os tópicos irreais que sobre o país inventaran os [[Castela|casteláns]] en séculos anteriores.
 
==O movemento rexionalista==
Segundo explica [[Xosé Ramón Barreiro Fernández]], o rexionalismo galego parte da base da crise agropecuaria finisecular e dos problemas económicos que esta trouxo consigo. Isto, unido ás críticas ao centralismo e ao sistema [[caciquismo|caciquil]], conlevou a aparición de tres correntes diferentes dentro do movemento rexionalista.
 
===Correntes do movemento rexionalista===
Apuntan historiadores como [[Xusto Beramendi]] ou Luís Obelleiro tres correntes diferentes e contraditorias dentro do movemento rexionalista. Estas son:
 
==Correntes do movemento rexionalista==
Apuntan historiadores como Xusto Beramendi ou Luís Obelleiro tres correntes diferentes e contraditorias dentro do movemento rexionalista. Estas son:
*'''A corrente liberal''': é a que pasou con mellor consideración á posterioridade. Liderada por [[Manuel Murguía]], esta tendencia era de corrente progresista. Eran contrarios á centralización político-económica e cultural, e defendían a existencia dun poder lexislativo propio para [[Galiza]]. Desta corrente nace igualmente a visión do país como "nación viva", achegándose ao modelo de nación defendido pola intelectualidade [[Alemaña|alemá]] e separándose da visión da nación [[Francia|francesa]], baseada no pacto entre individuos.
 
*'''A corrente tradicionalista''': era a segunda con maior número de simpatizantes, e estaba enfrontada á corrente liberal, da cal falamos no parágrafo anterior. Estaba liderada por [[Alfredo Brañas]]. Tratábase dunha corrente de carácter puramente conservador. Aínda que era contraria ao centralismo e ao capitalismo, tamén estaba en contra do liberalismo, de xeito que o seu obxectivo era o reestabelecemento da antiga orde política e social.
 
*'''A corrente federalista''': estaba liderada por [[Aureliano Pereira]], e a maioría dos seus simpatizantes pertencían ao [[Partido Republicano Federal]]. Afirma Luís Obelleiro que esta corrente defendeu o marco definido no Proxecto de Constitución para o futuro Estado político galego.
Calquera das tres correntes eran partidarias da autonomía política de [[Galiza]], a cal debía recuperar e preservar as súas particularidades identitarias culturais e lingüísticas.
===A '''[[Asociación Regionalista Gallega]]'''===
Unha vez definido e consolidado, o rexionalismo galego precisaba dun marco común que permitise e organizase as tres correntes antes citadas. E esta foi a "Asociación Regionalista Gallega", constituída en [[1891]] e cuxo primeiro presidente foi [[Manuel Murguía]]. A esta asociación debémoslle iniciativas de tipo político-cultural, como a organización dos [[Xogos Florais de Tui]] ([[1891]]) ou a campaña de axitación e propaganda do traslado dos restos de [[Rosalía de Castro]] a [[San Domingos de Bonaval]]. Mais tamén é a "''Asociación Regionalista Gallega''" a nai de iniciativas de tipo unicamente político, como a presentación dunha candidatura para o concello de [[Santiago de Compostela]] ou as protestas realizadas contra o falido traslado da Capitanía Xeneral desde [[A Coruña]] ata [[León]].
 
==Balance do labor dos rexionalistas==
O rexionalismo realizou un gran labor político de transición entre o [[provincialismo]] e o [[nacionalismo]]. Aínda así, fracasou relativamente no sentido de que non deu implicado a un número considerábel de cidadáns galegos, nin tampouco logrou atraer ás elites económicas (burguesía, fidalguía e clero). Alén disto, sufríu unha grande crise cando faleceu [[Alfredo Brañas]] e cando [[Aureliano Pereira]] pasou a formar parte do partido liberal-fusionista. De todos os modos, o camiño para o posterior [[nacionalismo]] xa estaba preparado.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
===Balance do labor dos rexionalistas===
O rexionalismo realizou un gran labor político de transición entre o [[provincialismo]] e o [[nacionalismo]]. Aínda así, fracasou relativamente no sentido de que non deu implicado a un número considerábel de cidadáns galegos, nin tampouco logrou atraer ás elites económicas (burguesía, fidalguía e clero). Alén disto, sufríu unha grande crise cando faleceu [[Alfredo Brañas]] e cando [[Aureliano Pereira]] pasou a formar parte do partido liberal-fusionista. De todos os modos, o camiño para o posterior [[nacionalismo galego]] xa estaba preparado.
 
[[Category: Historia de Galicia]]
23.053

edicións