Diferenzas entre revisións de «Primeira guerra carlista»

arranxiños
m (arranxiños)
(arranxiños)
Fernando morreu o [[29 de marzo]] de [[1833]] sen fillos varóns (tivera outra filla, a infanta [[Luísa Fernanda de Borbón|Luísa Fernanda]]) e Isabel foi proclamada raíña baixo a rexencia de [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias]]. O infante Carlos María Isidro, xunto a outros ''realistas'' que consideraban que o lexítimo herdeiro era o irmán do rei e non a súa filla primoxénita, subleváronse e empezou a primeira guerra carlista. Con iso fixo a súa aparición o [[carlismo]].
 
A cuestión dinástica non foi a única, tras a [[Guerra da Independencia española|guerra da Independencia]], Fernando abolira a [[Constitución española de 1812|Constitución de 1812]], pero tras o [[trienio liberal]] (1820-1823) Fernando VII non volveu restaurar a Inquisición, e nos últimos anos do seu reinado permitiu certas reformas para atraer aos sectores liberais que ademais pretendían igualar as leis e costumes en todo o territorio do reino eliminando os foros e as leis particulares, ao tempo os sectores máis conservadores agrupábanse en torno ao seu irmán Carlos, que si recoñecía os dereitos forais.
 
==Contendentes==
[[País Vasco|Euskadi]] e [[Navarra]] apoiaron maioritariamente ao pretendente Carlos polo seu tradicionalismo, polo apoio que lle deu a [[Igrexa católica]] local e polo apoio do pretendente aos foros. En [[Aragón]] e [[Cataluña]] viuse como unha oportunidade de recuperar os seus dereitos forais, perdidos tras a [[guerraGuerra de Sucesión Española|Guerra de Sucesión española]]. A Igrexa católica mantívose ambigua, aínda que unha parte importante do clero uniuse ao bando carlista.
 
No outro bando, os liberais e moderados uníronse para apoiar a María Cristina e á súa filla Isabel. Controlaban as principais institucións do Estado, a maioría do exército e todas as cidades importantes.
 
Os liberais recibiron apoio do [[Reino Unido]], [[Portugal]] e [[Francia]] en forma de créditos para o tesouro e de forzas militares, os británicos enviaron a Lexión británica, corpo de voluntarios ao mando do xeneral George Lacy Evans e a [[Royal Navy]] realizou funcións de bloqueo, os portugueses enviou unha división auxiliar baixo o mando do barón das Antas e os franceses a [[Lexión estranxeira]] ademais de colaborar no control da fronteira e das costas españolas.
 
==A guerra==
A derrota dos miguelistas, na guerra civil portuguesa, provocou a saída do pretendente cara a [[Londres]] e a entrada en [[Navarra]] pola fronteira francesa o [[9 de xullo]] 1834 e nomeou un goberno dirixido por Carlos Cruz Mayor, pero a fin da guerra en Portugal, permitiu ao goberno de Isabel II retirar tropas da fronteira con Portugal e envialas á fronte do norte, primeiro ao mando de José Ramón Rodil e despois duns meses por [[Francisco Espoz y Mina]], polo que ata mediados de 1835 as accións bélicas localizáronse no País Vasco e Navarra, centradas na figura de [[Tomás de Zumalacárregui]], que organizou en pouco tempo un exército carlista en Navarra, ao que tamén se uniron os carlistas vascos debilitados logo da expedición de [[Pedro Sarsfield]]. Zumalacárregui equipou aos seus homes con armas tomadas aos exércitos cristinos no campo de batalla ou en ataques contra fábricas ou convois, e consciente da súa inferioridade numérica e armamentística reproduciu a táctica guerrilleira que coñecía dende a guerra de Independencia, amparándose no accidentado do relevo e no apoio de gran parte da poboación civil, conseguiu que a comezos de 1835 o exército cristino conservase só as gornicións das capitais das provincias vasconavarras e algúns portos da costa. Animado polos seus éxitos militares e pola necesidade de obter financiamento e recoñecemento internacional puxo sitio a [[Bilbao]] o [[10 de xuño]] de [[1835]], pero ferido mentres observaba as operacións, morreu o [[24 de xuño]] e foi substituído por Vicente González Moreno, quen levantou o sitio diante as presións das forzas que defendían a cidade ao mando de Luis Fernández de Córdoba, quen aos poucos días, tamén venceu aos carlistas na [[batalla de Mendigorría]], aínda así ata 1837 as forzas manteríanse equilibradas na fronte norte e aínda que houbo numerosos enfrontamentos ningún bando se puido impor ao outro.
 
En outubro de 1835 [[Nazario Eguía]] asumiu o posto de xeneral en xefe das tropas carlistas no País Vasco e Navarra, durante o seu mandato o exército carlista aumentou ata chegar aos 36.000 homes e o seu sucesor, Bruno Villarreal, caracterizouse por fomentar as expedicións fóra do territorio carlista, mentres o novo goberno carlista que entrou en funcionamento en maio de 1836, dirixido por Juan Bautista Erro pretendía crear unha administración eficaz.
 
En outubro de [[1836]] tivo lugar o segundo sitio de Bilbao, que fracasou aos cinco días e en novembro un terceiro intento que durou mes e medio e que fracasou diante a defensa de [[Baldomero Espartero]], e que provocou o nomeamento de Sebastián Gabriel de Borbón Braganza como xeneral en xefe dos carlistas, que en marzo de [[1837]] venceu ás tropas liberais na [[batalla de Oriamendi]] e que os sectores máis radicais do carlismo fixéranse co control político, acrecentado tras [[Expedición Real]]. José Antonio Guergué fíxose co mando do exército ata xuño de 1838, cando foi substituído por Rafael Maroto, quen reorganizou o exército e mandou fusilar en febreiro de 1839 a Guergué e a outros militares acusados de conspirar na súa contra e tentou conseguir do pretendente a destitución dos seus opoñentes, polo que foi destituído por Don Carlos, aínda que aos poucos días restituíuno no seu posto e accedeu ás súas demandas. Maroto negociou co goberno de Isabel II sen o apoio do pretendente e coa oposición de parte das súas tropas e o [[29 de agosto]] de 1839 Espartero e os xenerais La Torre e Urbiztondo, representantes de Maroto, asinan o [[Convenio de OñateBergara|Convenio de Oñati]] que puxo fin á guerra no norte de España, confirmado co coñecido como [[Convenio de Bergara|abrazo de Bergara]] entre Maroto e Espartero o [[31 de agosto]].
 
O [[14 de setembro]] de [[1839]] o pretendente carlista e as súas tropas que lle permanecían fieis cruzaron a fronteira francesa e a guerra rematou na fronte norte.
===Outros artigos===
* [[Carlos María Isidro de Borbón]]
* [[Fernando VII|Fernando VII de España]]
* [[Isabel II de España]]
* [[Xunta Superior de Galicia (1834)]]
23.033

edicións