Ambystoma tigrinum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (2)
Liña 25:
Son píntegas grandes, con lonxitudes de 15 a 21 cm, podendo acadar ata 33 cm, especialmente no caso de individuos [[neotenia|neotenicos]]. Os adultos normalmente teñen manchas grises, verdes ou negras, con ollos grandes. Teñen bocas pequenas, pescozos grosos, pernas robustas e rabos longos. A súa dieta consiste principalmente en [[insecto]]s e [[verme]]s, pero non é raro que os adultos consuman [[rato]]s ou [[ra]]s pequenas.
 
Os adultos con frecuencia viven en toqueiras. Son completamente terrestres de adultos e soamente regresan á auga para reproducirse. Como todos os [[ambistomátidos]] están extremadamente ligados ao seu lugar de nacemento e viaxan grandes distancias para volver a el. Porén, só teñen un 50% de probabilidades de reproducirse máis dunha vez na vida. Os machos empuxan lixeiramente á femia para iniciar o apareamento, despois depositan un [[espermatóforo]] no fondo do lago. A femia recolle o paquete e deposita os ovos xa fertilizados na vexetación.
 
As larvas son totalmente acuáticas e caracterízanse polas súas grandes branquias externas e unha aleta caudal prominente que se orixina xusto detrás da cabeza. As extremidades están completamente desenvolvidas pouco tempo despois de nacer. As larvas divídense en dous grupos: caníbales e non caníbales. Unha alta concentración de larvas fai que se active o [[fenotipo]] Caníbal, que ten unha cabeza máis grande do normal. Algunhas larvas, que se encontran en lagoas de estación e en rexións do norte, sofren a [[metamorfose]] o máis cedo posible. Outras larvas, especialmente en lagoas ancestrais e climas cálidos, non sofren a metamorfose ata que alcanzan o seu tamaño adulto. Estas larvas de gran tamaño úsanse como isco para a pesca ou como animal de compañía. Algunhas poboacións mesmo non sofren metamorfose en absoluto e chegan á madurez sexual en forma de larva. Estas larvas denomínanse neoténicas e son comúns en lugares onde as condicións terrestres son malas.
Liña 34:
 
== Enfermidades ==
Esta especie pode transmitir o fungo ''[[Batrachochytrium dendrobatidis]]'', que é unha grande ameaza en todo o mundo para a maioría das especies de ras, causándolles [[quitridiomicose]], aínda que ''A. tigrinum'' é inmune a el.<ref>{{citeCita web|title=Petwatch|url=http://www.petwatch.net/browse_animals/amphibians/6-tiger_salamander|work=Exotics as Pets}}</ref> Poden portar tamén [[ranavirus]], que infectan réptiles, anfibios e peixes. O uso como isco das larvas desta píntega parece ser unha importante fonte de exposición e transporte destes [[virus]] ás poboacións silvestres. Ás veces prodúcense grandes mortandades de larvas de ''A. tigrinum'' por causa de infeccións recorrentes de ranavirus.
 
== Especies afíns ==
As epecies californianas ''[[Ambystoma californiense]]''<ref>{{citeCita web|title=Ambystoma californiense|url=http://www.iucnredlist.org/apps/redlist/details/1098/0|work=IUCN Red List}}</ref> e ''[[Ambystoma mavortium]]'' e a mexicana ''[[Ambystoma velasci]]'' foron descritas como subespecies de ''A.&nbsp;tigrinum'', mais agora son consideradas especies separadas. Foron necesarios estudos xenéticos para dividir a poboación orixinal de ''A.&nbsp;tigrinum'', aínda que hai que salientar que existe algo de [[Híbrido (bioloxía)|hibridación]] entre estes grupos.
 
== Notas ==