Nomenclatura binominal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 46:
A persoa que describe por primeira vez unha especie (o seu "autor") é a que ten o privilexio de darlle nome. Cando o autor elixe asignar un nome ou epíteto específico derivado dun nome propio, é a título de homenaxe ou recoñecemento, dedicándolla a un colega, amigo ou familiar, en forma latinizada (como por exemplo a [[Lebre de piornal]], chamada ''Lepus castroviejoi'' en honor do escritor [[Xosé María Castroviejo]]); considérase de mal gusto e signo de egocentrismo que o autor se dedique a especie a si mesmo (por exemplo, ''Escherichia coli'' é por [[Theodor Escherich]], e ''coli'' significa "intestinal", "do colon"; tamén ''Rhea darwinii'' por [[Charles Darwin]]). Noutros casos, os nomes elíxense en referencia a caracteres ou propiedades do ser vivo que se nomea, p. ex. en ''[[Cistus albidus]]'', o término ''albidus'' (en latín, branco), fai referencia á cor esbrancuxada das follas desa planta; en ''[[Lavandula officinalis]]'', o termo ''officinalis'' (en latín, usado na ''officina'' ou botica) lembra que a planta ten propiedades medicinais.
 
Xeralmente, á beira do nome binominal consta o apelido do autor (abreviado en botánica) que primeiro publicou oficialmente ese nome. Se a especie en cuestión actualmente pertence a un xénero diferente do orixinal descrito, faise constar o nome do autor orixinal entre parénteses anexado ao nome actual da especie. Ás veces tamén se xunta a data na que se realizou a descrición da especie. Por exemplo o pardal, ''[[Passer domesticus]]'' ([[CarolusCarl Linnaeusvon Linné|Linnaeus]], 1758) orixinalmente descrito como membro do xénero ''Fringilla''.
 
O nome do xénero (nome xenérico) sempre debe ter a inicial maiúscula, mentres que o epíteto específico non a leva nunca.<ref name="maiuscula">No pasado e ata comezos do s. XX, considerouse axeitado que o epíteto comezase con maiúscula cando derivase dun nome propio (p. ex. ''Rana Perezii''), e así pode atoparse en textos antigos, como nos textos de Linneo. Ás veces, en literatura non científica baseada en fontes antigas pode atoparse este recurso, con todo non é o correcto en correspondencia coa convención moderna.</ref> A norma inclúe a obriga de resaltar o nome, o que en manuscritos e textos mecanografados se fai subliñándoo (<u>Homo sapiens</u>), e en textos de imprenta ou de ordenador faise por medio da cursiva (''Homo sapiens''), aínda que, con menos frecuencia, tamén podería resaltarse en letra grosa ('''Homo sapiens''').