Á espera de Godot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''''Á espera de Godot''''' (en francés: ''En attendant Godot'') é unha obra pertencente ó [[teatro do absurdo]], escrita a finais da década de 1940 por [[Samuel Beckett]] e publicada en 1952 por Éditions de Minuit. Beckett escribiu a obra orixinalmente en [[Lingua francesa|francés]], a súa segunda lingua. A tradución ó [[Lingua inglesa|inglés]] foi realizada polo mesmo Beckett e publicada en 1955.<ref>{{Cita web|título=Esperando a Godot: la ilusión de la parusía|url=http://javeriana.edu.co/cuadrantephi/pdfs/N.25/4.pdf|data=2012|data-acceso=2 de noviembrenovembro de 2015}}</ref>
[[Ficheiro:Poster_for_drama_performance_of_"Waiting_for_Godot".jpg|miniatura|240x240px|Lucky e Pozzo.]]
A obra divídese en dous actos, e en ámbolos dous aparecen dous vagabundos chamados Vladimir e Estragon que esperan en balde xunto a un camiño a un tal Godot, con quen (quizais) teñen algunha cita. O público nunca chega a saber quen é Godot, ou que tipo de asunto teñen que tratar con el. En cada acto, aparecen o cruel Pozzo e o seu escravo Lucky (en [[Lingua inglesa|inglés]], «afortunado»), seguidos dun raparigo que fai chegar a mensaxe a Vladimir e Estragon de que Godot non virá hoxe, "pero mañá seguro que si".