Ambystoma tigrinum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
Os adultos con frecuencia viven en toqueiras. Son completamente terrestres de adultos e soamente regresan á auga para reproducirse. Como todos os [[ambistomátidos]] están extremadamente ligados ao seu lugar de nacemento e viaxan grandes distancias para volver a el. Porén, só teñen un 50% de probabilidades de reproducirse máis dunha vez na vida. Os machos empuxan lixeiramente á femia para iniciar o apareamento, despois depositan un [[espermatóforo]] no fondo do lago. A femia recolle o paquete e deposita os ovos xa fertilizados na vexetación.
 
As larvas son totalmente acuáticas e caracterízanse polas súas grandes branquias externas e unha aleta caudal prominente que se orixina xusto detrás da cabeza. As extremidades están completamente desenvolvidas pouco tempo despois de nacer. As larvas divídense en dous grupos: caníbales e non caníbales. Unha alta concentración de larvas fai que se active o [[fenotipo]] Caníbal, que ten unha cabeza máis grande do normal. Algunhas larvas, que se encontran en lagoas de estación e en rexións do norte, sofren unhaa [[metamorfose]] o máis cedo posible. Outras larvas, especialmente en lagoas ancestrais e climas cálidos, non sofren unhaa metamorfose ata que alcanalcanzan o seu tamaño adulto. Estas larvas de gran tamaño úsanse como isco para a pesca ou como mascotasanimal de compañía. Algunhas poboacións mesmo non sofren metamorfose en absoluto e chegan á madurez sexual en forma de larva. Estas larvas denomínanse neoténicas e son comúns en lugares onde as condicións terrestres son malas.
 
== Status de conservación ==