'''''Corvus''''' é un [[xénero (bioloxía)|xénero]] de [[aves]] da [[Orde (bioloxía)|orde]] das [[paseriformes]], o tipo da [[Familia (bioloxía)|familia]] dos [[córvidos]].
O xénero comprende máis de 40 [[especiesespecie]]s [[Área de distribución|distribuídas]] por todos o [[continente]]s, agás en [[Suramérica]] e nalgunhas illas oceánicas, e que son coñecidas vulgarmente, na súa maioría, como '''corvos''',<ref>[https://academia.gal/dicionario/-/termo/corvo corvo] no ''[[Dicionario da RAG]]''.</ref> pero outras tamén co nome de '''grallas'''.<ref>[https://academia.gal/dicionario/-/termo/gralla gralla, 1ª acepción] no ''Dicionario da RAG''.</ref>
As especies deste xénero parece que [[evolución biolóxica|evolucionaron]] en [[Asia Central]], desde onde estenderon o seu territorio a [[Norteamérica]] (incluído [[México]]), [[África]], [[Europa]] e [[Australia]].<ref>{{Cita publicación periódica | doi = 10.1073/pnas.0401892101|pmid=15263073|pmc=503738| title = Phylogeny and diversification of the largest avian radiation| journal = Proceedings of the National Academy of Sciences| volume = 101| issue = 30| pages = 11040–5| year = 2004| last1 = Barker | first1 = F. K.| last2 = Cibois | first2 = A.| last3 = Schikler | first3 = P.| last4 = Feinstein | first4 = J.| last5 = Cracraft | first5 = J.|bibcode=2004PNAS..10111040B}}</ref>