Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ligazón interna
→‎Historia: arranxiños
Liña 7:
== Historia ==
 
As orixes remóntanse á neboenta época do eremitismo cristián do período do [[Reino Suevosuevo]] impulsada por [[Martiño de Dumio]] que tivo na [[Ribeira Sacra]] un enclave privilexiado. Porén non será ata o [[921]] cando se teña a primeira testemuña documental; trátase dunha autorización do rei de Galicia [[Ordoño II]] ao abade [[Franquila]] para a reconstrución dun moi antigo cenobio adicado ao primeiro mártir do [[cristianismo]], [[Estevo Mártir|santo Estevo]].
 
Cando a regra de [[Bieito de Nursia]] comezou a espallarse, avanzado o [[século X]], por Galicia, este mosteiro aparece como un dos grandes centros monásticos do [[Reino de Galicia]] tras o pulo dado ao monacato por [[Aldara de Celanova]] e o seu fillo [[Rosendo de Celanova]]. Desa época é a tradición que fala da retirada a este mosteiro de nove bispos, así como da posible residencia nel da raíña [[Goto]] trala morte do seu home o rei de Galicia [[Sancho Ordóñez]]. Os nomes dos nove bispos eran Vimarasio, Gonzalo, Osorio, Froalengo, Servando, Viliulfo, Paio, Afonso e Pedro. Procedían das dioceses de [[Coímbra]], [[Ourense]], [[Iria]] e [[Astorga]]. Todos eles foron tidos por santos pola veneración popular, o que fixo de Santo Estevo de Ribas de Sil un centro de [[peregrinación]].
 
O rei de Galicia e León [[Afonso VIII de León e Galicia|Afonso IX]] dotouno dun amplo couto xurisdicional, que fixo deste mosteiro non só un centro de estudo, oración, esmola e hospitalidade senón tamén un núcleo de poder feudal libre do dominio señorial. Entre os seus priorados estaba outras importantes comunidades ([[mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil]], [[mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro]], tamén na Ribeira Sacra) todos eles catalizadores de actividades agrícolas, forestais e artesanais, ademais das propiamente culturais e relixiosas.
 
As medidas políticas dos [[Reis Católicos]], co sometemento dos mosteiros do Reino de Galicia ás novas cabeceiras castelás, fixeron que este fose integrado na Congregación de Valladolid. Tras a axitación dos últimos anos da [[Idade Media]] ([[Gran Guerra Irmandiña|revolución irmandiña]], descabezamento da nobreza galega, implantación da [[Santa Irmandade]] e da [[Real Audiencia do Reino de Galicia]], amenceu un período de estabilidade e boas colleitas que propiciaron unha importante renovación arquitectónica en estilo [[renacentista]] e [[barroco]]. A chegada do abade de [[Mosteiro de San Martiño Pinario|San Martiño Pinario]] e de frei Juan de Corcuera, encargados de aplicar a [[Orde de San Bieito|reforma beneditina]] nos mosteiros desta orde no Reino de Galicia, impulsaron as obras de reforma sobre a estrutura medieval.
 
A [[desamortización]] acabaría co esplendor deste mosteiro. Será iniciativa de [[Aurelio Miras Portugal]], de acordo co [[Diocese católica latina de Ourense|bispo de Ourense]] monseñor [[Carlos Osoro]], acometer a súa rehabilitación integral para uso hoteleiro en 1998, o que permitirá que no 2004, mediante convenio coa Xunta de Galicia, o Estado Español instalase nel un [[Parador de Turismo]] para a dinamización turística da Ribeira Sacra.
Liña 19:
O proxecto de rehabilitación foi redactado polo arquitecto [[Alfredo Freixedo Alemparte]].
[[Ficheiro:S Estevo de Ribas de Sil, retablo.JPG|miniatura|[[Retablo]].]]
 
== Arquitectura ==
A Igrexa é románica e protogótica. A actual encetouse en [[1183]] e consta de tres naves e unha tripla [[ábsida]] semicircular. As tres naves están cubertas por bóvedas de crucería. A ábsida central presenta a peculiaridade de ser máis baixa que as laterais. A fachada é simple e dunha época posterior (século XVIII), presidida por unha imaxe de santo [[Estevo Mártir|Estevo]] e enmarcadas por sendas torres piramidais e balcóns corridos. No interior o retablo de catro corpos é obra de [[Juán de Angés]]. Salienta un retablo en pedra medieval onde se representa a [[Xesús de Nazaret|Xesucristo]] cos doce [[apóstolo]]s.