Cinc: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
en
Liña 116:
A fusión e extracción de cinc impuro xa era efectuada no ano 1.000 na India - na obra ''[[Rasarnava]]'' (c. 1200) de autor descoñecido o procedemento foi descrito - e posteriormente na China. En [[1597]] [[Andreas Libavius]] describe unha '' peculiar clase de estaño '' que fora preparada na India que recibira en pequenas cantidades a través dun amigo ; deduciu que se trataba do cinc mesmo non chegando a recoñecelo como o metal procedente da calamina.
 
NoEn occidenteOccidente, en [[1248]], [[Alberto Magno]] describe a fabricación do latón na Europa. No século XVI xa se coñecía a existencia do metal. [[Agrícola]] observou en [[1546]] que se formaba un metal branco prateado condensado nas paredes dos fornos nos cales se fundían minerais de cinc, adicionando nas súas notas que un metal similar denominado ''zincum'' era producido na Silesia. [[Paracelso]] foi o primeiro emen suxerir que o ''zincum'' era un novo metal e que as súas propiedades diferían dos metais coñecidos, sen dar ningunha indicación sobre a súa orixe; nos escritos de [[Basilio Valentino]] son encontrados tamén mencións sobre o ''zincum''. En tratados posteriores son frecuentes as referencias ao cinc, con diferentes nomes, referíndose xeralmente ao mineral e non ao metal libre, e moitas veces confundido co [[bismuto]].
 
[[Johann Kunkel]] en [[1677]] e pouco máis tarde [[Stahl]] en [[1702]] indican que ao preparar o latón co cobre e a calamina, esta última se reduce previamente en cinc libre, que foi illado posteriormente polo químico [[Anton von Swab]] en [[1742]] e por [[Andreas Marggraf]] en [[1746]], cuxo exhaustivo e metódico traballo ''Sobre o método de extracción do cinc dun mineral verdadeiro, a calamina'' sedimentou a metalurxia do cinc e a súa reputación como descobridor do metal.