Braga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Elisardojm (conversa | contribucións)
en
Liña 66:
No século XI a cidade é reorganizada, probabelmente xa coa nova designación de '''Braga'''. Por orde do bispo [[Pedro de Braga]] iníciase a construción da [[muralla]] e da sé, sobre restos dun antigo [[templo romano]] dedicado á deusa [[Isis]], reconvertido nunha igrexa cristiá. A cidade desenvólvese en torno da sé, ficando restrinxida ao perímetro amurallado.
 
Braga foi nesa altura ofrecida como dote por [[Afonso VI de León e Castela]] á súa filla [[Tareixa de León|Tareixa]], no seu matrimonio con [[Henrique de Borgoña]], Conde de [[Portugal]]. Estes últimos foron señores da cidade entre [[1096]] e [[1112]]. EmEn [[1112]] doaron a cidade ao [[Arquidiocese de Braga|arcebispado]]. Coa elevación do bispado bracarense a arcebispado, a cidade adquiriu de novo unha enorme importancia a nivel peninsular. [[Diego Xelmírez]], [[arquidiocese de Santiago de Compostela|arcebispo]] de [[Santiago de Compostela]], con medo da auxe da sé de Braga, mandou roubar as [[reliquia]]s dos [[santo]]s bracarenses na tentativa de diminuír a importancia relixiosa da cidade. As reliquias non foron devoltas a Braga até a década de 1990.
 
No o reinado de [[Dinís de Portugal|Don Dinis]] (1279-1325), foi reforzada a muralla e construíuse a [[torre da homenaxe]]. Máis tarde anexáronse outras nove [[Torre (construción)|torres]], de planta cuadrangular, concluíndose así o [[castelo de Braga]] en torno á torre de homenaxe existente.