Festina lente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
* Ambrosio Cavaleiro. Nado en [[Nogueirosa, Pontedeume|Nogueirosa]] en [[1568]] e falecido en Compostela en [[1627]]. Foi aprendiz no obradoiro de encadernación de Ubaldo Luaces e logo da morte deste, titular do obradoiro. Tamén coñecido nalgúns capítulos como Lucas de Pruzos, dedicado baixo esta forma a recoller libros raros e tesouros bibliográficos.
* Ubaldo Luaces. Propietario do obradoiro de encadernación onde entra a traballar Ambrosio Cavaleiro. Falece en [[1591]] e déixalle o obradoiro a Cavaleiro.
* [[Gaspar de Arce]], chamado o Vello. Personaxe real. Arquitecto [[santander]]ino que traballa como mestre de obras da [[catedral de Santiago de Compostela]]. Chegara a Galicia en [[1571]], da man do seu curmán o [[dioceseDiocese católica latina de Lugo|bispo de Lugo]] [[Fernando Velosillo]], e logo de traballar na construción da Torre das Campás da [[catedral de Lugo]], mudouse a Santiago para construír o [[Hospital de San Roque]], baixo a protección do [[arquidioceseArquidiocese católica latina de Santiago de Compostela|arcebispo]] [[Francisco Blanco Salcedo]]. Na ficción, morre asasinado en [[Cangas]] en [[1617]].
* Mateu Lopes. Personaxe real<ref>Teresa Claudia Moure Pena, "A capela de don Antonio García de Rajóo no templo de San Francisco de Pontevedra", in Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais, nº 19 (2003), páx. 99</ref> que traballou en [[Pontevedra]] e que despois foi mestre de cantería no mosteiro de [[Mosteiro de San Martiño Pinario|San Martiño Pinario]]. Na ficción, morreu asasinado en Compostela.
* Francisco González Araúxo. Personaxe real. Arquitecto portugués, mestre de obras da catedral de Santiago de Compostela.
* Bieito González Araúxo. Irmán do anterior, arquitecto portugués que traballou en Santiago de Compostela.