McDonnell Douglas F-4 Phantom II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*Anclaxe > ancoraxe.
Liña 28:
O F-4 Phantom II foi concibido como un interceptador de longo radio de acción para a Mariña dos Estados Unidos, pero tamén con capacidade de proporcionar apoio en accións de ataque a terra, á Infantería de Mariña. Inicialmente o F-4 foi desenvolvido por iniciativa de McDonnell Aircraft en [[1953]], coa intención de ofrecer un cazabombardeiro todo-tempo, despois de perder un concurso convocado pola Mariña.
 
Ese ano McDonnell Aircraft comezou a traballar na revisión do seu caza naval [[McDonnell F3H Demon|F3H Demon]], buscando ampliar as súas capacidade e mellorar as súas características. A compañía desenvolveu varios proxectos, incluído unha variante equipada cun motor Wright J67, e outras con dous Wright J65 ou dous General Electric J79. A versión impulsada polos J79 prometía unha velocidade de Mach 1.97. O [[19 de setembro]] dese ano, McDonnell propúxolle á Mariña dos Estados Unidos o "Super Demon". Excepcionalmente, o avión debía ser modular; cun ou dous asentoss para distintas misións, con diferentes conos no morro para levar rádar, cámaras fotográficas, catro canóns de 20 mm, ou 56 foguetes non guiados FFAR ademais de nove puntos de anclaxeancoraxe para armas baixo a fuselaxe e as ás. A mariña estivo suficientemente interesada como para ordenar unha maqueta en tamaño real do F3H-G/H, pero sentiu que os próximos [[Grumman F-11 Tiger|Grumman XF9F-9]] e [[Vought F-8 Crusader|Vought XF8U-1]] tamén poderían satisfacer a necesidade dun caza supersónico.
[[Ficheiro:McDonnell F4H-1F Phantom II aboard USS Independence (CVA-62), in 1960.jpg|miniatura|275px|Un F4H-1F no ''[[USS Independence]]'']]
O deseño de McDonnell foi polo tanto revisado para convertelo nun cazabombardeiro todo-tempo con 11 soportes externos, e o [[18 de outubro]] de [[1954]] a compañía recibiu unha carta pedindo dous prototipos do YAH-1. O [[26 de maio]] de [[1955]] catro oficiais da Mariña chagaron ás oficinas de McDonnell offices e, despois dunha hora, presentáronlle á compañía un novo conxunto de requisitos. Debido a que a Mariña aínda tiña o [[Douglas A-4 Skyhawk]] para ataque a terra e o [[Vought F-8 Crusader|F-8 Crusader]] como caza, o proxecto agora tiña que cumprir coa necesidade dun interceptador para a frota todo-tempo. Un segundo tripulante foi engadido para operar o potente rádar.