Galeón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
De acordo co Dicionario galego de construción naval: *arrufo > arrufe.
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 83.165.135.153 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Etiqueta: Reversión
Liña 19:
 
=== Casco ===
O casco tamén sufriu modificacións respecto da carraca, reducindo o [[arrufearrufo]] e substituíndo a popa redonda que persistía en moitos grandes buques, polo espello plano. A manga era ancha na liña de flotación e tendía a estreitarse, coas amuras inclinadas cara á dentro, dando deste xeito unha estabilidade que permitía instalar [[Artillería naval|artillería]] máis pesada. Para baixar o centro de gravidade rebáixase en ocasións a parte traseira da cuberta inferior para compensar o arrufearrufo que facía subir os canóns montados nesa parte. Tamén se xeneraliza o uso de [[portillo]]s ao instalar os canóns nunha posición máis baixa, cerca do centro de gravidade. Por outra banda, o castelo de proa desprázase cara atrás da roda, reducindo o risco de que a presión do aire fixese zozobrar a nave e facilitándolle cinguir o vento (navegar con vento de face).
 
Unha importante mellora introducida nos galeóns foi a introdución do [[pinzote]], unha prolongación vertical da cana do temón. Antes desta o temoneiro víase obrigado a manobrar a cana desde o interior da obra morta, sen ver as velas e guiándose con agulla ou polas indicacións dadas por un oficial desde cuberta. Con todo tras esta mellora o temoneiro tiña á súa vista as velas, cousa importante na navegación. O temón de roda non apareceu ata tempo logo da era dos galeóns.