Diferenzas entre revisións de «Videoxogo»

m
→‎Tecnoloxía: Teclado de ordenador
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
m (→‎Tecnoloxía: Teclado de ordenador)
Na década de 1980 o soporte habitual para o software era o cartucho nas videoconsolas, e o disco magnético ou a cinta de casete nos computadores. Posteriormente usouse o [[CD-ROM]], pois tiña máis capacidade que os cartuchos xa que estes chegaran ao seu tope tecnolóxico e ademais resultaba máis económico para producir en masa. Actualmente úsase o sistema [[DVD]] de alta capacidade e, nas consolas de sobremesa como PlayStation 4 e Xbox One, o [[Blu-ray Disc|Blu-Ray]], de capacidade moi alta. Con todo desde hai uns anos está a crecer a descarga desde Internet, ao ser unha tecnoloxía estendida masivamente, de fácil acceso e menos custosa que a distribución física de discos, á parte das vantaxes de seguridade ao evitar perdas por danos ou extravío de discos (xa que o videoxogo estará virtualmente sempre dispoñible).
[[Ficheiro:Saitek_Gamepad.jpg|miniatura|Un mando, dispositivo de entrada típico nas consolas.]]
Os [[Dispositivo de entrada|dispositivos de entrada]] son os que permiten ao xogador manexar o xogo. Aínda que é habitual o uso dun dispositivo de entrada externo —como son os clásicos [[tecladoTeclado (informática)de ordenador|teclado]] e [[Rato (informática)|rato]], o mando, ou o ''joystick''—, as plataformas portátiles de hoxe en día (''smartphones'', ''tablets'', videoconsolas de peto...) permiten xogar mediante a súa pantalla táctil ou mediante o movemento do propio aparello (grazas ao uso de xiroscopios e acelerómetros). Outros dispositivos de entrada son os [[Detector de movemento|detectores de movemento]], entre os que destacan os dispositivos de man (por exemplo o Wiimote de [[Wii]]), os de presión (alfombras ou soportes con sensores), os de dispositivos de realidade virtual como o PlayStation VR e os de captura de imaxes, caso do Kinect de Xbox. Tamén se pode empregar a voz naqueles videoxogos que a soporten a través de procesadores de voz.
 
Os [[Periférico|dispositivos de saída]] son aqueles que mostran as imaxes e os sons do videoxogo: un [[televisor]], un [[Monitor de computadora|monitor]] ou un [[Proxector de vídeo|proxector]] para o vídeo, e uns altofalantes ou auriculares para o son. Os equipos máis modernos utilizan son dixital con [[Dolby Surround]] con efectos [[EAX]] e efectos visuais modernos por medio das últimas tecnoloxías en [[Motor de xogo|motores de videoxogo]] e [[Unidade de procesamento gráfico|unidades de procesamento gráfico]].
 
O 21 de agosto Nvidia presentou a nova serie de procesadores gráficos GeForce RTX 20, os cales contarán con arquitectura de Turing e desenvolven o trazado de raios a tempo real para levar a experiencia de xogo ata unha reprodución de vídeo en 8K.<ref>{{Cita web| url=http://m.europapress.es/portaltic/gadgets/noticia-serie-geforce-rtx-20-nvidia-arquitectura-turing-lleva-reproduccion-videojuegos-8k-20180821113050.html |título = La serie GeForce RTX 20 de Nvidia con arquitectura Turing lleva la reproducción de videojuegos a los 8K |data= 21 de agosto de 2018 |dataacceso = 7 de agosto do 2019 |lingua =es |editor =Portaltic}}</ref>
 
=== Plataformas ===
{{Artigo principal|Consola (videoxogos)|Ordenador persoal|Máquina recreativa|Consola portátil}}
102.395

edicións