Karate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 96:
Dúas cousas dificultaban a aceptación e a difusión do ''tode'': primeiro o seu nome, que facía alusión á China, e segundo o seu modelo de adestramento, que fora feito para atender as necesidades dos guerreiros locais.
 
Itosu adoptou medidas para eliminar estes atrancos. Logo, el coidou de empregar o nome que era utilizado polas vellas escolas, os ''[[kobudo]]'', para designar as súas técnicas de loita sen armas. Desta maneira, non se escribía "Tode" ({{lang|ja|徒手}}) co logograma "to" ({{lang|ja|唐}}), cuxa acepción inmediata é á Dinastía Tang, senón co "to" ({{lang|ja|徒}}), "baleiro". Con isto, visábase diminuír as resistencias no resto do Xapón, porque calquera cousa conectada á China non era vista con bos ollos, por conta das tensións políticas que sempre existiron entre os dous países. Por outro lado, "tode" tamén era unha das denominacións do [[jujitsu]], o que implicaba maior aproximación entre os guerreiros de Okinawa e do Xapón, ambos chamados [[bushi]].<ref>{{cita web|url=http://www.koryu.com/library/mskoss8.html|lingua=inglés|dataacceso=30 de novembro de 2014|título=Jujutsu and Taijutsu: Some Background Information on Warrior Close Combat Systems|autor=Mike Skoss}}</ref><ref>{{cita web|lingua=inglés|título=Okinawa's Bushi: Karate Gentlemen|nome=Charles|apelidos=Goodin|url=http://seinenkai.com/art-bushi.html|dataacceso=30 de novembro de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150222163649/http://seinenkai.com/art-bushi.html|dataarquivo=22 de febreiro de 2015|urlmorta=si}}</ref>
 
Canto ao método de adestramento vixente á época, a práctica común era a repetición continuada dos ''kata'', ou sexa, o alumno debería repetir cada movemento das formas estabelecidas ata se tornaren movementos automáticos. O mestre xulgaba que este modelo non sería o máis adecuado, principalmente para os nenos. Entón, simplificou o adestramento a unidades fundamentais, os ''[[kihon]]'', que son as técnicas comprendidas en si mesmas, unha puñada, unha desviación, unha postura, e compilou unha serie de ''kata'' chamada ''[[Pinan]]'', con técnicas máis simples e que pasarían a formar a primeira serie de técnicas.
Liña 103:
Porén, a denominación '''karate''' ({{lang|ja|空手}} tornouse coñecida e popular por causa do mestre [[Hanashiro Chomo]], do estilo [[Shuri-te]], que nunha publicación titulada "Karate Kumite" usouna en lugar da escrita co [[kanji]] "{{lang|ja|唐}}" , que se refería máis á [[Dinastía Tang]] e a China.
 
A pesar dos esforzos feitos, o karate non era moi popular fóra de Okinawa. Non obstante, de modo fortuíto, houbo un acontecemento que axudou a tornar o karate coñecido fóra do Xapón. En [[1898]], [[Hawai]] foi anexado polos [[EE.UU.]] e, en [[1900]], habitantes de Okinawa mudáronse cara alí.<ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://seinenkai.com/art-roots.html|título=The Roots of Okinawan Karate in Hawaii|dataacceso=30 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130927210648/http://seinenkai.com/art-roots.html|dataarquivo=27 de setembro de 2013|urlmorta=si}}</ref>
 
O karate tornouse deporte oficial en [[1902]], que é o punto en que se perfecciona a transición de arte marcial a disciplina física, deixando ser visto só como medio de [[defensa persoal]].