Diferenzas entre revisións de «Cadernos Ramón Piñeiro»

sen resumo de edición
|sitio web = http://www.cirp.es/w3/publicacions/
}}
Os '''''Cadernos Ramón Piñeiro''''' constitúen unha publicación de periodicidade variable editada polo [[Centro Ramón Piñeiro|Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]] como unha contribución ó estudio e á análise do pensamento do filósofo do que collen o nome. Están dirixidos por [[Luís Alonso Girgado]], [[Ramón López Vázquez]] e [[José Luís Cochón Touriño|Xosé Luís Cochón Touriño]].
 
Co subtítulo de ''Cadernos galegos de pensamento e cultura'', márcanse como obxectivo servir de canle de publicación de [[ensaio (literatura)|ensaios]] breves, investigacións e estudios encadrados dentro das [[Humanidades]], con especial atención ó pensamento [[filosofía|filosófico]]. En distintos números recolleu parte da correspondencia de [[Ramón Piñeiro|Piñeiro]] con diferentes personalidades.
 
Naceron o [[22 de novembro]] de [[2003]]<ref>[http://www.cirp.es/pub/docs/crp/crp01.pdf "Cadernos Ramón Piñeiro (I)"] 2003. ISBN 84-453-3678-9.</ref> co gallo do décimo aniversario da fundación do Centro, e xa van polo número XXXV (2016)XXXVII, dedicado este último a [[ManuelCarlos María]], a quen se lle dedicou o [[Día das Letras Galegas]] nese mesmo ano de [[2016Casares]].
 
Tódolos números están accesibles na páxina web do Centro Ramón Piñeiro<ref>[http://www.cirp.es/w3/publicacions/ Páxina web do Centro Ramón Piñeiro]</ref>.
187.769

edicións