Transnistria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/> (14)
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 56:
[[Ficheiro:Government building Tiraspol 02.jpg|miniatura|O edificio lexislativo en [[Tiráspol]] cunha [[estatua]] de [[Lenin]] diante do mesmo.]]
[[Ficheiro:Дом Советов 2006.jpg|miniatura|[[Casa do Concello]] en Tiráspol.]]
'''Transnistria''' (nalgúns casos escrito como "Transdniéster", "Transdniestria" ou "Cisdniéster") é un territorio separatista de [[Moldavia]] situado principalmente entre o río [[Dnister]] e a fronteira oriental da [[República de Moldavia]] con [[Ucraína]]. Desde a súa declaración de independencia en [[1990]] e, especialmente despois da Guerra de Transnistria en [[1992]], é gobernada como a '''República Moldava Pridnestroviana''' (RMP), tamén coñecida como "Pridnestrovia"), un [[Estado non recoñecido]] que reclama o territorio ao leste do río Dnister, a cidade de [[Bender (cidade)|Bender]] e as súas localidades circundantes situadas na beira oeste deste río. A República de [[Moldavia]] non recoñece a secesión e considera que os territorios controlados poa RMP son parte da [[Autonomía|rexión autónoma]] moldava de ''Stînga Nistrului'' (literalmente, "a ribeira esquerda do Dnister"),<ref>[https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/fields/print_2051.html CIA World factbook Moldova. territorial unit: Stinga Nistrului (Transnistria)]</ref><ref>{{cita libro |apelidos= Herd|nome= Graeme P.|autor2= Jennifer D. P. Moroney|título= Security Dynamics in the Former Soviet Bloc|ano= 2003|editorial=Routledge|isbn= 041529732X}}</ref><ref>{{cita libro |apelidos= Zielonka|nome= Jan|título= Democratic Consolidation in Eastern Europe |ano= 2001|editorial=Oxford University Press|isbn= 019924409X}}</ref> oficialmente denominada ''Unidade Territorial Autónoma Transistria'', cun status xurídico especial.<ref>[http://lex.justice.md/index.php?action=view&view=doc&lang=2&id=313004 Закон № 173 от 22.07.2005 об основных положениях особого правового статуса населенных пунктов левобережья Днестра (Приднестровья)]</ref>
 
Tras da [[disolución da Unión Soviética]], as tensións entre o goberno de Moldavia e as autoridades do Estado separatista en [[Tiráspol]] culminaron nunha [[Guerra Civil de Transnistria|conflito militar]] que comezou en marzo de 1992 e concluíu por un [[alto o fogo]] en xullo de 1992. Como parte deste acordo, unha Comisión de Control Conxunta tripartita (Rusia, Moldavia e Transnistria) supervisou as medidas de seguridade na ''zona desmilitarizada'', comprendendo 20 localidades a ambos os lados do río. Pero aínda que se mantivo o alto ao fogo, o status político do territorio continúa sen resolverse: aínda que Transnistria non é internacionalmente recoñecida, é de feito un Estado independente,<ref>{{cita web|autor=Boonstra, Jos|páxina-web=FRIDE|url=http://fride.org/download/COM_Moldav_ENG_feb07.pdf|título=Moldova, Transnistria and European Democracy Policies|urlmorta=si|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180808112405/http://fride.org/download/COM_Moldav_ENG_feb07.pdf|dataarquivo=08 de agosto de 2018|lingua=en|data-acceso=13 de novembro de 2012}}}, 2007</ref><ref>Gerald Hinteregger, Hans-Georg Heinrich (editores), Russia&nbsp;— Continuity and Change, {{cita libro |apelidos=Hinteregger |nome=Gerald |autor2= Heinrich Hans-Georg|outros= (editores)|título= Russia&nbsp;— Continuity and Change|ano= 2004|editorial=Springer|isbn= 3211223916|páxina= 174}}</ref><ref>{{cita libro |apelidos= Rosenstiel|nome= Francis|autor2=Edith Lejard, Jean Boutsavath, Jacques Martz|título= Annuaire Europeen 2000/European Yearbook 2000|ano= 2002|editorial=Martinus Nijhoff Publishers|isbn= 9041118446}}</ref><ref name="DFSTATES">{{cita libro |autor=Barry Bartmann, Tozun. Bahcheli |título=De Facto States: The Quest for Sovereignty |editorial=Routledge |isbn=0714654760 |ano=2004}}</ref> organizado como unha [[Presidencialismo|República presidencialista]], co seu propio Gobern, Parlamento, exército, policía, sistema postal e moeda. As súas autoridades tamén adoptaron unha Constitución, bandeira, himno nacional e un escudo. Porén, tras un acordo entre Moldavia e Ucraína en 2005, todas as empresas de Transnistria que traten de exportar mercadorías a través da fronteira con Ucraína deben estar rexistradas en Moldavia.<ref>[http://www.consilium.europa.eu/uedocs/cmsUpload/Mission_achievementsNov07.pdf Misión de asistencia fronteiriza da Unión Europea en Moldavia e Ucraína (EUBAM)], novembro de 2007 {{en}}</ref> Este acordo implementouse despois de que a [[Misión de asistencia fronteiriza da Unión Europea en Moldavia e Ucraína]] (EUBAM) iniciara a súa actividade en 2005.<ref>{{Cita web |url=http://www.eubam.org/en/about/overview |título=www.eubam.org |data-acceso=13 de novembro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130511022945/http://www.eubam.org/en/about/overview |dataarquivo=11 de maio de 2013 |urlmorta=si }}</ref> A maioría dos transnistrios son cidadáns da República de Moldavia,<ref>''Der n-tv Atlas. Die Welt hinter den Nachrichten. Bertelsmann Lexikon Institut. 2008. páxina 31</ref> pero tamén hai moitos con cidadanía rusa e ucraína.