Hospital Real de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 5191871 de IXCat (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 81:
 
Os claustros iniciais foron modificados en estilo renacentista por [[Rodrigo Gil de Hontañón]].
En [[1678]] [[Frei Tomás Alonso]], o mesmo que consistiu as balconadas barrocas que que sustentan o coro de [[Mosteiro de San Martiño Pinario|San Martiño Pinario]], a cuasa dun posíbel derrubamento, reforma a fachada renacentista introducindo unha gran balconada apoiada sobre grandes ménsulas profusamente adornadas coa característica exuberante decoración vexetal, e tres novas ventás.
 
O espazo da horta posterior ocúpase, no [[século XVIII]], con dous novos patios, configurando así a actual cruz grega con catro patios.
Liña 87:
Desde [[1740]] atendíanse tamén no Hospital a enfermos militares. A través da análise dos rexistros anuais, coa duración media das estancias por enfermo, pódese ver que a actividade hospitalaria incrementouse considerabelmente no curso da primeira metade do [[século XVIII]], aínda que unha parte da mesma pasou entón a centrarse na atención do persoal militar presente na cidade. Coa [[Guerra da Independencia española]], esta dedicación veríase enormemente aumentada, para logo remitir nunha medida bastante apreciábel, pero mantendo até [[1840]] un nivel elevado.<ref>[http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=174561 ''Los enfermos del Hospital Real de Santiago''] en [[Dialnet]] {{es}} Consultada o 3/2/2012.</ref>
 
Coa desaparición do Real Padroádego e as [[desamortización]]s de [[Juan Álvarez Mendizábal|Mendizábal]] e [[Pascual Madoz|Madoz]], o Hospital perde as súas rendas, pasando a depender das catro [[Deputación|Deputacións provinciais]] de Galicia e, a partir de [[1880]], a da [[A Coruña|Coruña]] é a única institución responsábel do mesmo.
 
O ano [[1953]], o [[Instituto Nacional de Previsión]], dependente do [[Ministerio de Igualdade de España|Ministerio de Traballo]], constrúe un novo edificio na rúa Galeras, a onde o Hospital se traslada ese mesmo ano, abandonando o antigo edificio, que actualmente é o [[Parador de Santiago|Hostal dos Reis Católicos|Hotel dos Reis Católicos]] (antes ''Hostal dos Reis Católicos''). A distribución do novo edificio era: un andar dedicado ás necesidades de atención da Deputación da Coruña, medio andar aos pacientes do [[Seguro Obrigatorio de Enfermidade]], e o resto das instalacións utilizábanse como [[Hospital|Hospital Clínico]].
 
En [[1972]] a [[USCUniversidade de Santiago de Compostela|Facultade de Medicina]] constrúe un segundo edificio unido ao anterior para atender aos pacientes da [[Seguridade Socialsocial]], en virtude dun acordo establecido entre ambas as institucións, pasando o primeiro edificio a ser utilizado exclusivamente como Hospital Provincial
 
No ano [[1999]] a [[Xunta de Galicia]] inaugura o novo edifico (o actual), na Choupana, ao que se trasladan as instalacións do antigo [[Hospital|Hospital Xeral]], e que é a sede central do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).<ref>[http://www.camino-de-santiago.net/default.asp?s=43&o=2517&c=0 Nuevo Hospital General de Santiago de Compostela]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} {{es}} Consultada o 3/2/2010.</ref><ref>[http://www.sergas.es/BUCEN/ListadoHospitais.aspx?IdPaxina=10019&tit=0&dtit=Ambas&nom=COMPLEXO+HOSPITALARIO+UNIVERSITARIO+DE+SANTIAGO&pro=15&dpro=A+CORU%d1A&bus=Centro+General Complexo Hospitalario de Santiago]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} {{gl}},{{es}} Consultada o 4/2/2010.</ref>