Cifra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
en secreto > en segredo
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*polegada:polgada
Liña 58:
A historia non contempla os títulos e honores dos doutos. Os procesos sociais cambian irremediabelmente algúns dos conceptos orixinais. Cando o pobo adopta un uso é inútil calquera esforzo en sentido contrario.
 
Nas Idades Antiga e Media os cálculos eran realizados por expertos. Até a adopción definitiva do sistema de posición e o cero, a multiplicación e a división realizábanse por duplicacións e mediacións, respectivamente. Por exemplo, para multiplicar un número por 13 descompoñíase o multiplicador en potencias de 2, neste caso, 8 + 4 + 1. O multiplicando duplicábase dúas e tres veces. Logo sumábanse a tripla duplicación, a dupla duplicación e a cantidade orixinal. A división seguía un proceso análogo pero inverso. Os cálculos demandaban moito tempo de traballo e o custo era elevado. Pode observarse un residuo disto na forma en que se subdividen as medidas antigas, como a ''polegadapolgada inglesa'': medios, cuartos, oitavos, dezaseisavos, trintaeduosavos.
 
Os comerciantes daqueles tempos debían liquidar estes gastos para ter control e información dos seus negocios. Cando chegou a eles a noticia do novo sistema de numeración viron moi prontamente a vantaxe que lles daba. Os cálculos eran fáciles de realizar e xa non facía falta unha formación superior para dominar as operacións aritméticas. Non terían que pagar polo servizo dun experto.