Diferenzas entre revisións de «Ponteareas»

m
'''Ponteareas''' é un concello da [[provincia de Pontevedra]], pertencente á [[comarca do Condado]]. Segundo o [[IGE]] en 2014 tiña 23.115 habitantes.
 
== TopónimoToponimia ==
O topónimo actual Ponteareas é o resultado da fusión do nome composto Ponte de Areas e as súas variantes dos séculos XV-XIX que tendían a fusionar e logo eliminar a preposición "de". Toma o seu primeiro nome da medieval [[ponte dos Remedios]]. Cruza o río Tea continuando un antigo camiño que comunica coas parroquias veciñas, da que procede o segundo nome: Areas. Esta foi identificada por algún autor<ref name=":2">{{Cita libro|título = Historia de Puenteareas|apelidos = Piñeiro Groba|nome = Mariano|editorial = Centro Cultural Municipal|ano = 1983|ISBN = 84-500-9173-X|ref = |apelidos2 = González Pérez|nome2 = Clodio}}</ref> como a "Aureas" recollida en latín no ''Parrochiale Sueuum''<ref>{{Cita web|título = callaecia: parrochiale%20suevum|url = http://gallaekia.blogspot.com.es/search/label/parrochiale%2520suevum|data-acceso = 2015-12-08}}</ref> do s. VI, que é unha simple listaxe da cal é difícil extraer a súa correspondencia cos topónimos actuais. No s. IX, o rei Afonso III anótaa tamén en latín como "Sancta Maria (...) Arenosium" e anotado a marxe "sancta maria de arenis"<ref name=":1">{{Cita libro|título = Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela|apelidos = López Ferreiro|nome = Antonio|editorial = Imprenta del Seminario Conciliar Central de Santiago de Compostela|ano = 1983|ISBN = |ref = |páxinas = |capítulo = Documentos XXI a XXV}}</ref>, moito antes da aparición da poboación de Ponteareas. Así, o significado da partícula que deu lugar a Areas é incerto aínda só consideranto o latín (areas, áureas, áreas coas súas distintas acepcións etimolóxicas) e á súa vez confúndese na historia coa veciña Arnoso (San Lourenzo) o cal leva máis tarde a propoñer unha raíz prerromana hidronímica en ''arn-''<ref>{{Cita libro|título = Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega|apelidos = Bascuas López|nome = Edelmiro|editorial = Universidade de Santiago de Compostela|ano = 2006|ISBN = 9788497500265|ref = }}</ref> que completa as hipóteses consideradas (o culto ao Ares grego foi presentada tamén como unha posible etimoloxía hai décadas, mais logo foi lateralizada<ref name=":2" />).
 
19.645

edicións