Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Infancia e mocidade: Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella
O pai de Hepburn traballou cunha compañía de seguros en Gran Bretaña, o cal significou que a familia tivo a oportunidade de viaxar a miúdo entre Bruxelas, Inglaterra e os Países Baixos. Entre 1935 e 1938 Hepburn estudou nunha academia privada e feminina en [[Kent, Inglaterra|Kent]], Inglaterra.
 
En 1935 os seus pais divorciaronse, e o seu pai, simpatizante [[Nazismo|nazi]], abandonou á familia. Ambos os pais eran membros da unión británica de [[fascismo|fascistas]] a mediados dos anos trinta, segundo Unity Mitford, amiga de Ella van Heemstra e seguidora de [[Adolf Hitler]]. Audrey chamou máis adiante a este feito «o momento máis traumático da súa vida». Non sería ata moito máis adiante cando conseguiu localizar ao seu pai en [[Dublín]] a través da [[Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella|Cruz Vermella]]. Desde entón permaneceu en contacto con el e apoiouno financeiramente ata a súa morte.
 
En 1939 trasladouse coa súa nai e os seus dous irmáns de nai á casa do seu avó en [[Arnhem]], Países Baixos. Pensaban que Holanda era un lugar seguro para evitar ao exército nazi. Hepburn acudiu ao conservatorio de Arnhem entre 1939 e 1945, onde estudou [[piano]] e [[ballet]] clásico, os cales compaxinaba cos seus estudos escolares.
101.496

edicións