Eduardo Blanco Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 28:
[[Ficheiro:Eduardo Blanco Amor en Ourense, 1933.jpg|miniatura|250px|Blanco Amor en Ourense en 1933.<ref name="VICISITUDES">{{Cita publicación periódica |apelidos={{Versaleta|Dasilva}} |nome=Xosé Manuel |url=https://web.archive.org/web/20150923233912/http://www.editorialgalaxia.es/imxd/libros/doc/1263989389184_Xose_M_Dasilva.pdf |título=As vicisitudes editoriais d' A esmorga |revista=Grial |issn=0017-4181 |número=184 |ano=2009 |páxina=47.}}</ref>]]
En [[1959]] publicou unha novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega: ''A esmorga''. Esta obra desenvólvese en Auria e marca un fito na ruptura das tendencias costumistas e populares da literatura galega, debido á súa técnica innovadora: o único que se pode ler son as contestacións dun reo nun xuízo, que conta as aventuras que o levaron á condena. É o modo de, sen facer un texto bilingüe, darlle verosimilitude a un diálogo entre un xuíz, que fala castelán, e un reo que fala galego. Amais de deberse ao afán de verosimilitude, o silencio do xuíz representa a xordeira da xustiza, o seu papel represor e castigador. A novela, ambientada nos baixos fondos ourensáns, céntrase en tres personaxes transgresores e marxinais que van sendo levados a un final tráxico.
 
{{Cita centrada|''O galego que eu tiña entón non me servía pra escribir a novela que eu quería, era moi limitado demáis. E eso levóu tempo, claro. Ás veces voltaba sobor das páxinas que levaba escritas e lía en voz alta pra ver a súa musicalidade, o ritmo do idioma que medraba, e non me gostaba, e veña a voltar atrás unha vez e outra. Hai partes de cinco ou seis redaccións até que atopaba o que buscaba.''|autor=''Unha ducia de galegos''.{{Sfn|{{Smallcaps|Freixanes}}|pp=91-94 |1976}}}}
 
Outra obra que tivo gran repercusión foi o libro de relatos ''[[Os biosbardos]]'' (1962), relatos en primeira persoa con protagonista e narrador infantil distinto en cada conto. A súa última etapa foi moi fecunda, a pesar de ser postergado pola cultura oficial: en [[1970]] alumeou unha nova edición d' ''A esmorga'', e en [[1972]] apareceu a extensa novela ''Xente ao lonxe'', onde a través dos avatares que lle ocorren a unha familia de clase obreira, retrata a sociedade urbana, moi estratificada, do [[Ourense]] de principios de século.