Ducado (moeda): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Información sobre homonimia.
m Bot: Substitución da categoría "Moedas europeas" pola categoría "Moedas de Europa"; cambios estética
Liña 1:
: ''Para a acepción de '''ducado''' como o territorio rexido por un duque, véxase '''[[Duque]]'''''
 
[[Ficheiro:Venezia Ducato 1400.jpg|miniatura|'''Ducado''' de [[ouro]] [[Venecia|venecianovenecia]]no a nome de Michele Steno ([[1400]]-[[1413]]). [[Diámetro]]: 21 [[Milímetro|mm]]. [[Peso]]: 3,50 [[Gramo|g]]. [[Anverso|A/]] [[Marcos o Evanxelista|San Marcos]] en pé presentándolle o [[gonfalón]] ao [[dux]]. <small>S. M. VANET</small>. [[Reverso (moedas)|R/]] [[Cristo]] en pé sostén os [[Evanxeo|Evanxeos]]s. <small>SIT. T. XPE. DAT. Q. T. REGIS ISTE DUCATVS</small>.]]
O '''ducado''' foi unha [[moeda]] [[Cuñaxe|cuñada]] en [[ouro]] e en [[prata]] que se utilizou en [[Europa]] a modo de [[moeda global]] desde [[Baixa Idade Media|finais da Idade Media]] ata entrado o [[século XX]].<ref>"Exergo" en ''[https://digalego.xunta.gal/gl/termo/23642/ducado Digalego]'', no ''[https://academia.gal/dicionario?p_p_id=dictionarynormalsearch_WAR_BUSCARAGFrontendportlet&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_dictionarynormalsearch_WAR_BUSCARAGFrontendportlet_miniSearchNoun=ducado DRAG]'' e no ''[https://portaldaspalabras.gal/dicionario/procura/ducado/ Portal das Palabras]''.</ref><ref>"[http://tesauros.mecd.es/tesauros/tesauros/alfabetico/d?tesauro=http%3A%2F%2Ftesauros.mecd.es%2Ftesauros%2Fnumismatica&termino=http%3A%2F%2Ftesauros.mecd.es%2Ftesauros%2Fnumismatica%2F1186495 Ducado (2)]". En [[Carmen Alfaro Asins|Alfaro Asins]] (2009).</ref><ref>"[[wikisource:1911_Encyclopædia_Britannica/Ducat|Ducat]]". En ''[[Encyclopædia Britannica|Encyclopaedia Britannica]]''. 8. 11ª ed. [[Cambridge University Press|Cambridge university Press]]. Páxinas 628-629.</ref><ref>Schmutz, D; Zäch, B. ''[https://hls-dhs-dss.ch/fr/articles/013676/2005-10-17/ Ducat].'' En ''Dictionnaire Historique de la Suisse.''</ref>
 
Ao longo dese período tan amplo emitíronse ducados con diferentes valores en función do grao de pureza dos [[Metal|metais]] empregados na súa [[cuñaxe]]. O ducado de ouro de [[Venecia]] foi o primeiro en acadar unha ampla [[Moeda global|aceptación internacional]], á maneira do [[hyperpyron]] [[Moeda bizantina|bizantino]], o [[Florín florentino|florín]] [[Florencia|florentino]] ou, máis modernamente, a [[libra esterlina]] [[Gran Bretaña|británica]] ou o [[Dólar estadounidense|dólar]] dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].<ref>Goodhart, C. (1986). "[https://modernmoneynetwork.org/sites/default/files/biblio/goodhart_-_two_concepts_of_money.pdf The two concepts of money: implications for the analysis of optimal currency areas]". En ''European Journal of Political Economy''. Vol. 14. Páxina 407.</ref>
Liña 28:
Cando a cidade de Roma introduciu a súa moeda de ouro, tanto o florín como o ducado poderían ter suposto un bo modelo, dado o seu prestixio, mais os florentinos, que controlaban as finanzas de Roma, aseguráronse de que a moeda da súa cidade non fose copiada.<ref name=":0">Porteus, J. (1969). Páxina 106.</ref> Pola contra, as moedas romanas amosaban nos seus anversos a figura dun senador de xeonllos ante [[Pedro, papa|San Pedro]], e nos reversos a Cristo entre estrelas nun marco ovalado, como imitación directa dos ducados venecianos. Posteriormente, os [[papa]]s mudaron estes deseños, aínda que continuaron coa emisión de ducados do mesmo peso e tamaño durante todo o [[século XVI]].<ref>Friedberg, R. (2017): "Vatican City-The Roman Senate".</ref>
 
A maioría das imitacións do ducado veneciano foron feitas nas zonas do leste do [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]], onde Venecia gastaba máis diñeiro do que recibía. Os [[Orde de Malta|Cabaleiros de San]] [[Orde de Malta|Xoán de Xerusalén]] bateron ducados baixo o grande mestre [[Dieudonné de Gozon]] ([[1346]]-[[1353]]), que aparece nos anversos axeonllado ante [[Xoán o Apóstolo|San Xoán]], en tanto que nos reversos se amosa un [[Anxo (cristianismo)|anxo]] sentado [[Sepultura (enterramento)|sepulcro]] de Cristo. Porén, os grandes mestres subseguintes acharon conveniente copiar os tipos venecianos dun xeito máis preciso, primeiro en [[Rodas]] e despois en [[Malta]].<ref>Friedberg, R. (2017): "Rhodes and Malta".</ref>
 
Os comerciantes xenoveses foron aínda máis lonxe, ao cuñaren ducados en [[Quíos]], no [[mar Exeo]], que apenas podían distinguirse dos orixinais. Este feito resultaba problemático para Venecia, que baseaba a reputación internacional dos seus ducados na pureza do seu metal. A rareza actual dos ducados cuñados polos comerciantes xenoveses en [[Mitilene]], [[Focea]] e [[Beyoğlu|Pera]] suxire que os venecianos fundiron os exemplares que ían atopando.<ref>Porteus, J. (1969). Páxinas 108-109.</ref>
Liña 34:
=== Ducados do Sacro Imperio ===
[[Ficheiro:Hungary_1629_100_Ducats.jpg|miniatura|300x300px|[[Fernando III de Absburgo|Fernando III]] no anverso nunha moeda [[Hungría|húngara]] de 100 '''ducados''' ([[1629]])]]
Na [[Europa Occidental]], Venecia era unha nación eminentemente comerciante, e vendía máis do que compraba, o que ocasionaba que a súa moeda se utilizase internacionalmente menos que o florín.<ref name=":0" />
 
Logo do asasinato de [[Amadeo Aba]] a mans de [[Henckel von Donnersmarck|Henckels]] en [[1311]], [[Carlos I de Hungría]] comezou as súas cuñaxes en ouro aproveitando o metal das antigas [[Minaría|minas]] de Aba. O seu fillo, [[Luís I de Hungría]], mantivo a pureza do ouro, aínda que cambiou os deseños ao substituír a figura de San Xoán en pé dos floríns por outra de [[Ladislao I de Hungría|San Ladislao]], e máis tarde mudando a [[flor de lis]] de Florencia polo seu [[escudo de armas]].<ref>Porteus, J. (1969). Ilustración 126.</ref>
 
No [[século XV]] produciuse unha distinción entre as denominacións dos floríns de ouro puro e as imitacións desvalorizadas desta moeda, segundo a cal as máis puras pasaron a chamarse ducados e as de peor calidade floríns (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''gulden;'' en [[Lingua húngara|húngaro]]: ''forint'').<ref>Porteus, J. (1969). Páxina 132.</ref> O [[Sacro Imperio Romano Xermánico|emperador]] [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]] recoñeceu esta distinción en [[1524]] ao emitir ducados baixo o padrón veneciano, cun valor o 39 % máis alto que o do florín.<ref>Cribb, J.; Cook,B.; [[Ian Carradice|Carradice, I]]. (1990). Páxina 99.</ref> O seu irmán máis novo, [[Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Fernando I]], levou este sistema a Hungría en [[1526]], cando herdou o seu trono.<ref>Friedberg, R. (2017): "Hungary-Habsburg Rulers". </ref> A súa pureza fixo que o ducado húngaro fose aceptado en toda Europa. Mesmo o alto tesoureiro de [[Escocia]] deixou rexistrados os ducados que o seu rei utilizaba para o [[Xogo de azar|xogo]].<ref>[[Philip Grierson|Grierson, P]]. (1991). Páxina 213.</ref>
 
Hungría continuou a bater ducados de 3.53133 gramos e cunha pureza do 98,6 % de ouro fino. De xeito diferente aos deseños invariables dos ducados de Venecia, o escudo de armas dos reversos dos ducados húngaros modificábase con frecuencia para reflectir diversas circunstancias. En [[1470]], [[Matías Corvino]] substituíu o escudo de armas por unha representación da [[Virxe María]].<ref>[[Philip Grierson|Grierson, P]]. (1991). Páxina 212.</ref>
 
As reformas monetarias do emperador [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano]] deron lugar ao inicio da cuñaxe de ducados de ouro en Austria a partir de [[1511]].<ref>Cribb, J.; Cook,B.; [[Ian Carradice|Carradice, I]]. (1990). Páxina 88.</ref> Hungría bateu ducados ata [[1915]], mesmo baixo [[Imperio Austrohúngaro|administración austríaca]]. Estas moedas foron utilizadas como moeda de comercio e recuñáronse posteriormente en varias ocasións, mantendo a data inalterada.<ref>Friedberg, R. (2017): "Austria".</ref><ref>"[https://coinquest.com/cgi-bin/cq/coins.pl?coin=1510 Austria 4 Ducat 1867 to 1915]". En ''CoinQuest.com''.</ref>
Liña 47:
A [[Revolta dos Países Baixos]] trouxo consigo que as sete provincias do norte tivesen o control da cuñaxe de moeda. No entanto, o derrubamento do goberno de [[Francisco de Anjou]] en [[1583]] deixounas sen un gobernante constitucional baixo o cal emitir esas moedas. Neste contexto, as provincias optaron polo recurso de imitar [[Divisa|moedas estranxeiras]] de grande aceptación. Para evitaren complicacións políticas, copiaron moedas xa obsoletas na época, como as de ouro dos [[Reis Católicos]], que estaban cuñadas baixo o padrón do ducado e que, así mesmo, recibiron esa mesma denominación.<ref>Porteus, J. (1969). Páxina 184.</ref> Copiaron tamén os ducados húngaros, e estas últimas imitacións tiveron máis influencia nas posteriores amoedacións das [[Provincias Unidas]]. Desde que os Países Baixos se converteron nun país internacionalmente dominante no comercio, a influencia destes ducados pasou a ser global.<ref>Jyotsna G. (2009). Páxina 265.</ref>
[[Ficheiro:Nederland_gouden_dukaat_1724_VOC_scheepswrak_Akerendam.jpg|dereita|miniatura|'''Ducado''' [[Países Baixos|neerlandés]] de [[1724]], da [[Real Casa da Moeda dos Países Baixos|ceca de Utrecht]]]]
Ao principio, os ducados do tipo húngaro cuñados nos Países Baixos amosaban nos seus anversos unha figura en pé coa [[Coroa (ornamento)|coroa]] e a [[machada]] de batalla que San Ladislao Levaba nos exemplares húngaros, mais cunha lenda diferente, e, do mesmo xeito que nos ducados húngaros orixinais (non dos contemporáneos), nos reversos portaban o escudo de armas da provincia emisora.<ref>Porteus, J. (1969). Páxina 187 e ilustración 213.</ref>
 
Esta tipoloxía evolucionou ata uns anversos coa figura dun [[cabaleiro]] en pé que sostén unha [[espada]] e sete [[seta]]s, que representan as sete provincias da unión, coa lenda <small>CONCORDIA RES PARVÆ CRESCUNT</small> ("con concordia, as cousas pequenas aumentan"), acurtada de diversas maneiras, así como o nome ou un símbolo da provincia emisora. Os reversos amosan unha cartela cunha lenda invariable: <small>MO[NETA] ORDI[NUM] PROVIN[CIARVM] FOEDER[ATORVM] BELG[ICARVM] AD LEG[EM] IMP[ERII] ("</small>moeda de ouro das provincias federadas de Bélxica consonte a lei do reino").<ref>Hobson, B. (1971). Páxina 88 e ilustración 104.</ref>
 
No período napoleónico, tanto a [[República Bátava]] como [[Luís Bonaparte]] continuaron a cuñaxe de ducados con estes deseños, aínda que a súa produción cesou durante a anexión dos Países Baixos ao [[Primeiro Imperio Francés|Imperio]] [[Primeiro Imperio Francés|Francés]]. Logo da derrota de Napoleón, o [[Reino dos Países Baixos]] continuou a emitir ducados, a modo de moeda de comercio ou de investimento.<ref>Hobson, B. (1971). Páxina 187 e ilustración 243.</ref>
Liña 60:
=== Extensión dos ducados ===
[[Ficheiro:Österreich_-_Dukat_(vierfach),_1915_(Nachprägung).JPG|miniatura|Recuñaxe oficial da [[moeda]] [[Austria|austríaca]] de catro '''ducados''' de [[1915]]<ref>"[https://web.archive.org/web/20110720002804/http://www.austrian-mint.at/dukaten?l=en%2F%2FThe Die Dukaten]". Sitio web da Casa de Moeda de Austria.</ref>|alt=]]
Durante o [[século XV]], os [[Comercio internacional|comerciantes internacionais]] de [[Europa Occidental]] pasaron do florín ao ducado como as súas moedas preferidas e, á medida en que os gobernantes foron reformando as súas moedas, o ducado foi a que máis se tomou como modelo (o ''ashrafi'' [[mameluco]], o ''altum'' [[Imperio Otomán|otomán]] e o ducado de [[Reino de Castela|Castela]] son algúns exemplos).<ref>Allen, L. (2001). Páxina 128.</ref> Porén, a abundancia de metais preciosos procedentes das [[Imperio Español|colonias americanas de España]] provocaron que o [[real de oito]] se convertese en sucesor do ducado como [[Moeda global|moeda dominante do comercio mundial]].<ref>Jyotsna G. (2009). Páxina 265.</ref>
 
== Territorios emisores de ducados ==
Liña 113:
 
* Allen, L. (2001). ''The Global Financial System 1750-2000.'' Reaktion Books. ISBN 9781861891099
* [[Carmen Alfaro Asins|Alfaro Asins, C]]. et al. (2009). ''Diccionario de numismática''. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7
* Chamberlain (1960). ''The Teach Yourself Guide to Numismatics.'' English Universities Press.
* Cribb, J.; Cook,B.; [[Ian Carradice|Carradice, I]]. (1990). ''The Coin Atlas''. Facts on File. Páxina 99. ISBN 978-0816020973
* Cuhaj, G. S. (2009). ''Standard Catalog of World Coins 1601-Present''. 6ª ed. ISBN 9781440204241
* Edwards, J.; Lynch, J. (2005). ''Edad Moderna: Auge del Imperio, 1474-1598''. Editorial Crítica. ISBN 8484326241
* Friedberg, R. (2017). ''Gold Coins of the World''. The Coin & Currency Institute. ISBN 9780871843098
* Gonzalo de las Casas, J. (1853). ''Diccionario general del notariado de España y Ultramar''. Vol. 1. Biblioteca Especial del Notariado Español.
 
* [[Philip Grierson|Grierson, P.]] (1982). ''Byzantine Coins''. Methuen. Londres. ISBN 978-0-416-71360-2
* Grierson, P. (1991). ''The coins of Medieval Europe''. Seaby. ISBN 9781852640583
* Hobson, B. (1971). ''Historic Gold Coins of the World.'' Doubleday & Company. Nova York. ISBN 9780385081375
* Jyotsna G. (2009). ''A companion to the Global Renaissance''. Blackwell Publishing. ISBN 9781444310986
* Murphy, J. (2011). ''Más de 100 ideas para enseñar historia''. Grao. ISBN 9788499804477
* Porteus, J. (1969). ''Coins in History''. Littlehampton. ISBN 978-0297178545
 
* Whiting, P. D. (1973). ''Byzantine Coins''. Whiting. Barrie & Jenkins. Londres. ISBN 0214653455
 
[[Categoría:Moedas da Idade Media]]
[[Categoría:Moedas europeasde Europa]]
[[Categoría:Moedas fóra de curso]]