Artur III da Bretaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 27:
O desastre francés de Verneuil (1424) deixou vacante o posto de condestábel de Francia: unha entrevista preliminar entre Carlos VII e Artur da Bretaña tivo lugar en [[Outubro|outubro de]] [[1424]], en [[Angers]]. Richemont acepta a espada do condestábel que o rei lle enviou, en Chinon, o 7 de marzo de 1425. Non obstante, o entendemento foi de curta duración. O círculo de Carlos VII esfórzase por prexudicar a Richemont ante o rei. A principios de [[1426]], Richemont reuniuse co seu irmán Xoán V o Anglofilo en Bretaña para lle enviar os recrutadores de novo antes de cercar sen éxito aos ingleses en Saint-James de Beuvron, preto de [[Avranches]]. Unha segunda derrota das tropas enviadas por Richemont a Bas-Courtils, sobre as areas do Mont Saint-Michel, volveu a Xoán V máis prudente. Prohibiu ao seu irmán arriscar a nobreza bretoa por tan pequenas empresas.
 
A prudencia de Xoán V e a calma diplomática anglo-borgoñoa debilitaron a posición de Richemont ante Carlos VII. Dificultou o recrutamento de tropas na Bretaña e xa non vasivai poder xogar como mediador entre Carlos VII e Borgoña. Privado da súa pensión de condestábel, Richemont tivo que conformarse con librar batallas secundarias preto de Parthenay e Fontenay-le-Comte.
 
En [[Febreiro|febreiro de]] [[1427]], con [[Violante de Aragón]], capturou e executou a [[Pierre de Giac]], o "favorito" do rei, que exercía as súas rapinas sobre o tesouro da coroa e fomentaba unha guerra cara e desastrosa aconsellando ao rei.