Artur III da Bretaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 45:
O 8 de marzo de 1436, Carlos VII nomeou a Richemont tenente xeral de Ile-de-France, Normandía, Champaña e Brie, coa tarefa de retomar París. Recibido o reforzo de tropas borgoñoas, os ingleses foron rexeitados ás portas da capital. O 13 de abril de 1436, Richemont presentouse baixo as murallas da cidade. A cidade estaba en plena efervescencia. Vítimas do furor popular dos parisinos, os ingleses tiveron que refuxiarse na [[Bastilla|fortaleza de Saint-Antoine]]. O [[15 de abril]], a guarnición capitulou. A toma de París reforzou aínda máis a posición de Richemont ante Carlos VII, xa que os bretóns do condestábel se distiguiron na Illa de Francia xunto aos grandes capitáns franceses, [[Jean de Dunois]], [[Étienne de Vignolles]] (La Hire) e [[Jean Poton de Chaintrailles]].
 
Apareceron algúns ciúmesreceos ás veces como no cerco de [[Montereau]] en [[1437]], onde un cronista refírese ao medo dos franceses a ver os bretóns apoderarse da cidade diante deles.
 
En [[1437]], en concerto con [[Pierre de Rieux]], apoderouse do [[Pays de Caux]]. En [[Xullo|xullo de]] [[1439]], Richemont e os seus capitáns, [[Pierre de Rostrenen]], [[Tugdual de Kermoysan]] e [[Jean Budes]], iniciaron o cerco de [[Meaux]], unha das fortalezas máis sólidas do reino. Meaux caeu o [[12 de agosto]] tras unha irresistíbel ofensiva. [[Olivier de Coëtivy]] recibiu a garda do lugar da man do condestábel de Richemont, que volveu a París para atopar ao rei. Nos meses seguintes, Richemont intentou reorganizar o exército inaugurando unha longa serie de regras. En [[1441]], a conquista de [[Pontoise]] puxo fin á reconquista da Ille de France.