Dodro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
actualizo datos de poboación o 2018
Liña 33:
}}
 
'''Dodro''' é un concello da [[provincia da Coruña]] pertencente á [[comarca do Sar]]; está situado no suroeste da provincia, onde o [[río Ulla]] se funde coa [[ría de Arousa]]. O seu xentilicio é «{{Dic|dodrense}}» e ten o concello a súa capitalidade en [[Tallós, Laíño, Dodro|Tallós]]. Dista de [[Santiago de Compostela]] arredor de 24&nbsp;km e de [[Ribeira]] atopase a uns 35&nbsp;km, ten unha superficie de 36,1&nbsp;km² e segundo o [[IGE]], a 1 de xaneiro de 20152018 tiña 28822791 habitantes<ref name="IGE">[http://www.ige.eu/igebdt/selector.jsp?COD=1558&paxina=001&c=0201001002 Series históricas de poboación de Galicia]. Consultado o 728 de febreiroagosto de 20162018.</ref> (13961357 homes e 14861434 eran mulleres), cunha [[densidade de poboación]] de 8177,2731 hab./km².
 
O concello de Dodro conserva espazos naturais de grande importancia ambiental e paisaxística, como as [[Brañas de Laíño]] que se estenden a carón do río Ulla, constituíndo o espazo húmido máis grande de Galicia<ref name="dríade">Concello de Dodro: [http://www.concellodedodro.org/recursos-naturais Patrimonio natural; Brañas de Laíño]. "As Brañas son o espazo húmido máis grande de Galicia e albergan unha gran riqueza ambiental".</ref>, incluídas no ''Sistema Fluvial Ulla-Deza'' e declarada ''[[zona de especial conservación]]''<ref name="zec">44. ''ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza'' (ES1140001): [http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140331/AnuncioCA02-270314-0001_es.html DECRETO 37/2014, do 27 de marzo], polo que se declaran ''zonas de especial conservación'' os ''lugares de importancia comunitaria'' de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Publicado no DOG o 31 de marzo de 2014.</ref>. Preserva moitos elementos tradicionais como os [[cruceiro]]s, os [[Muíño#Muíños de auga|muíños]], os [[Hórreo galego|hórreos]] e os [[Reloxo de sol|reloxos de sol]], exemplo da [[etnografía]] galega, en diferentes estados de conservación, ademais dunha rica tradición oral e escrita. [[Pazo]]s históricos que lembran a nobreza de antano e igrexas do [[barroco]] completan o patrimonio arquitectónico do municipio.