Río Eume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
cambio mapa de pago por SIXPAC
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 87:
 
O '''río Eume''' é un río galego. Nace na xunta dos regos do [[Rego do Lamoso|Lamoso]] e das [[Rego das Toxeiras|Toxeiras]], ó pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na [[Serra do Xistral]], a 759&nbsp;m.<ref name="MTN25" /> O nacemento está localizado na parroquia de [[Montouto, Abadín|Montouto]], no concello [[provincia de Lugo|lugués]] de [[Abadín]], aínda que as cabeceiras nacen na parroquia da [[A Balsa, Muras|Balsa]], no concello veciño de [[Muras]] a 880&nbsp;m.<ref name="GEG" /><ref name="MTN25" /> O seu percorrido de 80&nbsp;km transcorre placidamente por terras de Lugo ata que pouco a pouco, pasada a vila das [[As Pontes de García Rodríguez|Pontes de García Rodríguez]], vaise encaixando nun val profundo coñecido como [[canón do Eume]], en parte asolagado polo [[encoro do Eume]]. A medida que se achega á desembocadura vaise abrindo o val ata formar un amplo [[Estuario|esteiro]] que en [[marea]] baixa forma unha [[illa]] coñecida como As Croas, de gran valor [[Marisqueo|marisqueiro]] e [[Ecoloxía|ecolóxico]].<ref>{{Cita web |url=http://www.xunta.es/litoral/web/index.php/descargables |editor=Xunta de Galicia |título=Plan de ordenación do litoral de Galicia: Esteiro do Eume (descargable 03-02-105) |data=24/12//2010 |dataacceso=7 de decembro de 2017 |cita=El paisaje del esteiro do Eume supone un sistema ecológico de especial valor natural, como continuación funcional del Parque Natural das Fragas do Eume, espacio protegido dentro de la Red Natura 2000 y clasificado como Espacio de Interés Geomorfológico. Su elemento más característico y de mayor interés paisajístico y ambiental es la llanura intermareal fangosa que se genera en la desembocadura del río (Valoración del paisaje, páx. 3). La lámina de agua del estuario y la llanura intermareal acogen los usos más vinculados con el mar, la pesca de bajura y el marisqueo a pie (Usos del suelo, páx. 2.) |lingua=es}}</ref> Finalmente desemboca na [[Ría de Ares]], no [[Golfo Ártabro]], entre os concellos [[provincia da Coruña|coruñeses]] de [[Pontedeume]] e [[Cabanas]] dos que é a súa fronteira natural.
 
== Toponimia ==
O hidrónimo Eume segundo [[Isidoro Millán González-Pardo]] derivaría do termo paleuropeo ''Ume'', relacionado co hidrónimo [[Lingua éuscara|éuscaro]] ''Urumea'', composto do substantivo vasco ''umea'', "neno, cativo, pequeno", nome que ten sentido, pois o Eume recibe noutra zona do seu percorrido o nome de Río Pequeno. Sería pois un nome preindoeuropeo emparentado coas linguas éuscaras e que podería estar relacionado cos nomes dos ríos [[Río Umia|Umia]] ([[Pontevedra]]), [[Río Uma|Uma]] (afluente do [[Río Tea|Tea]]), [[Irimia]] (nacemento do [[río Miño]] en [[Lugo]]), [[Río Urumea|Urumea]] ([[Navarra]]-[[País Vasco]]) e [[Río Umeälven|Umeälven]] ([[Suecia]]). [[Edelmiro Bascuas]] relaciónao co composto bitemático E-Ume, da mesma orixe<ref>[''Toponimia del Concejo de Pontedeume y Cartas Reales de su puebla y alfoz'', 1987; ''Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega'', 2002.]</ref>.
 
A outra posibilidade é que veña dunha raíz hidronímica prelatina [[Lingua galaica|celto-galaica]], xa indoeuropea *u̯h<sub>1</sub>-m (auga)̯̯ cfr. lat. ''ūmeō <''*u̯h<sub>1</sub>-m-o, de recoñecida presenza na hidronimia galega ([[Río Umia]], [[Río Mao]], Acea de Ama etc).<ref name="navaza2004">{{cita publicación periódica| apelidos1 = Navaza | nome1= Gonzalo | |ligazón-autor= Gonzalo Navaza | título = Os topónimos Acea de Ama e O Xurés | volume = 5 | páxinas = 141-162 | data = 2004 | xornal = Revista Galega de Filoloxía |editores = Universidade da Coruña|issn= 1576-2661 | doi = 10.17979/rgf.2016.17.0.1873 | url = http://hdl.handle.net/2183/2606}}</ref>
 
== A lenda dos tres ríos ==