Río Mississippi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 46:
 
==== Réxime hidrolóxico e caudal ====
O Mississippi é un río cun [[Caudal (fluído)|caudal]] importante e poderosas [[enchente]]s, tendo en conta a natureza da conca que baña.<ref>Jean-Paul Amat, Lucien Dorize, Charles Le Cœur, Emmanuelle Gautier, ''Éléments de géographie physique'', p. 175.</ref> Estas últimas pertencen en efecto á zona tépeda e non á zona intertropical como o Amazonas ou o Congo. Estes ríos teñen un caudal moi superior ao do Mississippi, pola abundancia das [[Precipitación (meteoroloxía)|precipitacións]] sobre as súas concas.
 
O réxime hidrolóxico do Mississippi é complexo xa que o río é alimentado por afluentes moi diferentes: o curso superior ten un [[Alimentación fluvial|réxime pluvionival]] mentres que o curso inferior atravesa unha rexión subtropical húmida.<ref name="Bethemont31">J. Bethemont, ''Les grands fleuves'', p. 31.</ref> O Mississippi recibe as augas do Missouri incrementadas polas do desxeo das neves das [[Montañas Rochosas]] na primavera. A súa parte inferior é alimentada por choivas abundantes no verán e ao principio do outono, con riscos [[ciclón]]icos na parte máis meridional.